Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de febreiro de 2019

Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados Celga 2019

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Programación de cursos de teleformación e presenciais na Coruña:   

Modalidade Celga 1 Celga 2  Celga 3  Celga 4
Presencial

Código: CL220191503001

Lugar: IES Fernando Wirtz Suárez

Datas: do 1.4.2019 ao 23.5.2019

Horario: de luns a xoves, das 18.30 ás 21.00 h, agás todos os martes do curso e os xoves 9, 16 e 23 de maio, que será das 18.30 ás 21.30 h

Código: CL320191503001

Lugar: IES Salvador de Madariaga

Datas: do 1.4.2019 ao 23.5.2019 

Horario: de luns a xoves, das 18.30 ás 21.00 h, agás todos os martes do curso e os xoves 9, 16 e 23 de maio, que será das 18.30 ás 21.30 h

Código: CL420191503001

Lugar: IES Fernando Wirtz Suárez

Datas: do 1.4.2019 ao 23.5.2019

Horario: de luns a xoves, das 18.30 ás 21.00 h, agás todos os martes do curso e os xoves 9, 16 e 23 de maio, que será das 18.30 ás 21.30 h

Teleformación

Códigos:

CL12019CO-1

CL12019CO-2

CL12019CO-3

Datas: do 1.4.2019 ao 23.5.2019 

Código: CL32019CO-1

Datas: do 1.4.2019 ao 23.5.2019 

Códigos: 

CL42019CO-1

CL42019CO-2

CL42019CO-3

Datas: do 1.4.2019 ao 23.5.2019

Os requisitos son os seguintes:

  • Persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.
  • No caso dos cursos de teleformación, as persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:
    • Ordenador con conexión á internet.
    • Conta de correo electrónico especificada na solicitude.
    • No curso Celga 1 de teleformación, deberán dispoñer a maiores de navegador web con plugin de flash.
    • Nos cursos Celga 3 e Celga 4 de teleformación, deberán dispoñer a maiores de micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz.
    • Para solicitar un curso Celga 3 ou Celga 4 de teleformación será indispensable o seguinte: 
      • Se solicita un curso destinado á poboación que reside en Galicia, a persoa deberá estar empadroada nalgún dos concellos da provincia galega correspondente.
      • Se solicita un curso destinado á poboación que reside no Bierzo (León) e Sanabria (Zamora), a persoa deberá estar empadroada nalgún dos concellos que conforman a comarca do Bierzo ou que están adscritos ao IES Valverde de Lucerna, de Puebla de Sanabria.
      • Se solicita un curso destinado ao resto da poboación, a persoa deberá estar empadroada fóra de Galicia.
  • As solicitudes dos cursos de teleformación presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Inscricións: ata o 11/03/2019

Duración: con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas

Prezo: gratuítos

Para máis información, pódese contactar coa Delegación da Xunta na Coruña:  praza Luís Seoane, s/n. 15008  A Coruña, 981 184 701, ou no web www.lingua.gal. Toda a información no DOG 19/02/2019.

Páxina web:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PL600A

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 17.00 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 18.30 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os instrumentos teñen vida propia", de Laura Romero, ás 17.00 h

    Cando:

    09/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 05/04/2024 ata o 09/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión