Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de abril de 2016

O alcalde da Coruña destaca que a "naturalidade coa que se emprega o galego no Concello desbota os tópicos sobre o uso da nosa lingua na cidade", durante un acto do programa intermunicipal Apego

Xulio Ferreiro asinou hoxe no centro Ágora o protocolo para a adhesión da Coruña a este proxecto de socialización da lingua galega desde a infancia, ao que xa se suman 23 concellos de toda Galicia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinou na mañá deste sábado a adhesión do concello ao programa Apego, dirixido ao fomento e mellora da transmisión da lingua galega, así como a súa socialización, na infancia, a través dos servizos de normalización lingüísica dos respectivos municipios. O acto, que tivo lugar no Centro Municipal Ágora, contou coa presenza de alcaldes e alcaldesas, así como doutros representantes de 19 dos 23 municipios que colaboran no proxecto. De feito, o acto de hoxe serviu para incorporar á organización do programa Apego, ademais da Coruña, os concellos de Ames, Mazaricos, Moaña, Muros, Oleiros, Ponteceso, Rianxo, Ribadeo, Teo e Vimianzo, así como para reiterar a vontade de colaboración recollida no protocolo inicial e darlle continuidade de xeito conxunto e coordinado ao programa para fomentar e mellorar a transmisión da lingua galega.

Na súa intervención, o alcalde coruñés salientou a “naturalidade coa que este Goberno local empregou a lingua galega desde o primeiro día”. “Estamos desbotando os  tópicos que hai sobre a nosa lingua e a cidade da Coruña. A comunicación institucional do Concello faise totalmente en galego. O alcalde e os e as concelleiras utilizan o galego con naturalidade, e esa naturalidade tamén se traslada á cidade”, indicou. “Pero somos conscientes das ameazas que rodean á lingua propia de Galicia. Nas zonas urbanas dase unha perda de falantes entre a mocidade. Algúns nenos e nenas da cidade aínda ven o galego como algo exótico. Por iso, programas como este  son fundamentais. Con todo, e ao contrario do que algúns intentaron facer crer,  teño  dicir que A Coruña ten multitude de falantes e é de feito, como me gusta recordar, a cidade do mundo con máis galegofalantes”, comentou. “Non obstante, cremos que é necesario fomentar discursos de promoción do galego que sexan atractivos para a rapazada, que enganchen e creen espazo amable para o galego, que existe, para asegurar o futuro da lingua”, engadiu.

“Aínda así, tamén neste foro temos que recordar que por moito que fagamos as administracións locais, é necesaria por parte da Xunta unha política activa a prol do galego. Só caben as políticas que favorezan a nosa lingua, nunca aquelas que pasen por recortar o seu espazo”, salientou.

Como lembrou Ferreiro durante a súa intervención, nesa liña vai o obxectivo do programa Apego, un proxecto colectivo dirixido a familias con nenos e nenas menores de 6 anos e ao que xa se suman 23 concellos de Galicia, e que pretende “axudar a socializar o galego entre os e as rapazas, como un dos maiores patrimonios que temos”,  e incrementar a porcentaxe de nenos e nenas que adquiren o galego como lingua inicial e promover que o usen de maneira habitual e naturalizada.

No acto, que concluíu cun concerto para pequenas e pequenos, tomaron a palabra, ademais do rexedor coruñés, o alcalde da Baña, José Andrés García Cardeso, a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos Paz, o primeiro edil de Negreira,  Jorge Tuñas Caamaño, e a rexedora de Muros, María Xosé Alfonso Torres.

 

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 17.00 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 18.30 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión