Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de setembro de 2016

O Goberno local reafirma a súa vontade coa promoción e mellora na transmisión da lingua galega coa aplicación do programa Apego

Trinta familias coruñesas solicitaron a súa adhesión á iniciativa intermunicipal, que desde este outono forma parte da folla de ruta do exectuivo coruñés a través da área de Normalización Lingüística

O Goberno local reafirmou esta semana o seu compromiso co fomento e mellora da transmisión da lingua galega coa posta en marcha do programa Apego, unha iniciativa intermunicipal dirixida a familias con menores de 6 anos, que procura aumentar a porcentaxe de nenos e nenas que adquiren o galego como lingua inicial, así como arroupar o seu uso, de maneira naturalizada, no proceso de socialización na infancia. Desde que o executivo coruñés anunciou a súa adhesión o pasado mes de abril, trinta familias coruñesas mostraron o seu interese en incorporar o galego na crianza das súas fillas e fillos. A partir da súa adhesión ao programa, estas reciben periódicamente propostas para que as e os menores se acheguen á lingua e á cultura galegas con naturalidade desde as primeiras idades.  

Así, entre as primeiras accións programadas polo Concello para que as nenas e nenos de ata 6 anos poidan aprender e relacionarse en galego, atópanse iniciativas gratuítas como os obradoiros de nanas tradicionais Arrolos de Salitre, con Xabier Díaz e Guillerme Fernández, ou os Cantacontos para bebés con Pablo Díaz. Nos próximos días abrirase o prazo de inscrición para outras actividades que terán lugar nos meses de outubro e novembro.  

Tamén enmarcada no programa Apego, o Concello abre hoxe o prazo de inscrición para a charla-obradoiro "Os/as nenos/as e a lingua, unha oportunidade", na que o director de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Núñez singala, falarrá sobre a oportunidade da transmisión lingüística e os beneficios do multilingüismo, así como exporá algunhas estratexias para conseguilo. Este parladoiro, cuxa entrada é de balde no que se cubrirán as prazas por orde de inscrición, está dirixido tanto ás familias como a persoal que traballe no ámbito da formación, educación ou canguraxe, entre outras.
 

Proxecto colectivo

O executivo coruñés adheriuse o pasado mes de abril ao programa, impulsado polos servizos de normalización lingüística dos 23 municipios que forman parte do proxecto, co obxectivo favorecer o impulso e uso de maneira naturalizada do galego, lingua que o Goberno local emprega na súa comunicación institucional.  Así, xunto aos municipios de A Baña, Ames, Carballo, Carnota, Ferrol, Mazaricos, Moaña, Muros, Narón, Negreira, Oleiros, Ourense, Ponteceso, Pontevedra, Redondela, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela, Tego, Vigo e Vimianzo, o Concello da Coruña vén de poñer en marcha aplicación do programa Apego coas familias interesadas en incorporar o galego á crianza das súas fillas e fillos. Dentro das accións que se realizan, a máis coñecida é a entrega de candansúa caixa con información e recursos en galego ás familias que acceden a formar parte da comunidade do programa, que na Coruña terá lugar nas vindeiras semanas.

Desde a incorporación no mes de abril de once municipios, o proxecto Apego está a producir novos recursos e materiais audiovisuais para a súa difusión nas redes sociais co obxectivo de transmitir a finalidade do proxecto ás persoas que desexen sumarse ao mesmo, así como facilitar o acceso a contidos que as nais ou pais poden considerar útiles para a crianza.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 17.00 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 18.30 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os instrumentos teñen vida propia", de Laura Romero, ás 17.00 h

    Cando:

    09/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 05/04/2024 ata o 09/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión