Concello da Coruña

Concello da Coruña

Musicando no Nadal: "Martes", de Baobab Teatro. Pase das 18.30 h

Érase unha vez unha galaxia, a galaxia Leo T formada por planetas, estrelas e Martes. Martes é un ser espacial que vive entre a lúa e as estrelas, gústalle xogar con elas e nunca, nunca se afasta.

A quen vai dirixido?:

Familias con crianzas de 2 a 4 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/01/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 19/12/2019 ata o 02/01/2020

A inscrición comezará ás 10.00 h. Para crianzas entre 2 e 4 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

Pase das 18.30 h

Duración:

40 min aprox.

Enderezo:

Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Organiza:

Servizo de Normalización Lingüística

Contacto:

lingua@coruna.es

981 184 200 ext. 34322

Documentos:

Musicando-no-Nadal-cartel-web-2020.jpg (576 KB)

Martes tenlles medo ao lobo, aos monstros, aos tronos, aos peidos... por iso nunca saíu da Lúa, dorme no seu colo e sácalle brillo para non quedar a escuras. Martes naceu un martes de lúa chea, algúns din que é fillo da Lúa pero iso non o sabemos. Ten un amigo, Pin, co que xoga sen parar.

Un día un monstro come as súas estrelas e a Pin. Martes terá que se enfrontar ao seus medos para poder salvar as estrelas e o seu amigo. Para iso inicia unha viaxe alén do Sol e de camiño coñecerá divertidos e estraños personaxes.

A actividade desenvolverase no auditorio do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 17.00 e ás 18.30 horas. 

Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 17.00 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 18.30 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os instrumentos teñen vida propia", de Laura Romero, ás 17.00 h

    Cando:

    09/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 05/04/2024 ata o 09/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión