Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Lingua

Cuándo:

5 de mayo de 2017

Na Coruña témoslle apego á lingua! Programa de actividades para maio e xuño

Duascentas familias coruñesas xa se apuntaron ao programa Apego, dirixido a promover a transmisión do galego a familias con nena e nenos de 0 a 6 anos

Durante os vindeiros dous meses, as e os nenas de 0 a 6 anos poderán gozar de diferentes actividades para celebrar que no Concello da Coruña lle temos Apego á lingua, o programa de pretende fomentar a transmisión do galego entre as familias. Xabier Díaz e Guillerme Fernández foron os encargados de abrir as accións coa primeira sesión do obradoiro de nanas "Arrolos de Salitre", cuxas 30 prazas se esgotaron no mesmo día en se abrir o prazo de inscrición.

A programación para nenas/os de 0 a 3 anos inclúe o espectáculo para bebés "A alfombra máxica", recomendado para o seu desenvolvemento sensorio-motriz autónomo e que será o 23 de maio ás 18.00; e, unha semana despois, Raquel Queizás presentará os seus "Nanocontos", co que se pretende estimular as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias adaptadas. As inscricións para estes eventos abriranse o 8 e o 15 de maio, respectivamente.

Unha das citas máis importantes chegará o 27 de maio: a Gramola Gominola presentará no Centro Cívico dos Mallos o seu novo traballo, "Cancións para desafinar", un espectáculo baseado no seu librodisco e que está cheo de cancións música desenfadada para bailar a ritmo de rock, funk, gospel ou punk. A cita será a partir das 18.30 e as entradas, gratuítas, poderán retirarse a partir do 8 de maio en ticketea.

Xa en xuño, Pablo Díaz e Olga Kirk impartirán o 6 de xuño a partir das 18.00 o obradoiro "Son xogos, xogos sons", destinado a cativas e cativos a partir de 3 anos en que, con distintos instrumentos e músicas de diversas épocas, montarase unha pequena orquestra. Por último, o 8 de xuño, Paco Nogueiras fará brincar a rapazada cos dúas sesións do seu obradoiro "Brinca vai!, ás 17.30 e ás 19.00 h.

Pódese atopar máis información sobre estas actividades, así como as datas e os diferentes métodos de inscrición no enderezo http://www.coruna.gal/lingua, a nova páxina web do Servizo Normalización Lingüística do Concello da Coruña.

Sobre o programa Apego

Apego é un programa didáctico e lúdico dirixido a fomentar a transmisión do galego entre os nenos e nenas a través de información, recursos e actividades e no que participan 30 concellos de Galicia. Desde que A Coruña se adheriu ao programa, arredor de 200 familias xa se interesaron polo Apego.

Para formar parte del, só fai falta inscribirse na páxina web http://www.apego.gal  e o Servizo de Normalización Lingüística do concello contactará para concertar unha pequena cita e ofrecer un agasallo de benvida.

Documentos:

triptico_apego_maio_xuno.pdf (234 KB)

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

Próximas inscripciones

  • Os Bolechas. Amigo Monte

    Destinatarios:

    Crianzas maiores de 3 anos, infantil e primaria.

    Cuándo:

    30/06/2018

    Horario:

    18.30 horas (Centro Cívico dos Mallos)

    Inscripciones:

    Desde el 25/06/2018 hasta el 29/06/2018

    Recomendado para maiores de 3 anos até os 9

    Dirección:

    Avda. de Arteixo 147, Baixo. 15007 A Coruña

Próximas inscripciones

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?