Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n) versos: Antonio Gamoneda e Dores Tembrás

Esta nova convocatoria dos nosos enconrtos poéticos reunirá unha das revelacións poéticas galegas da última década a carón do que moitos apuntan como o mellor poeta español vivo: a coruñesa nacida en Bergondiño, Dores Tembrás, tamén pedagoga da poesía e co-creadora do selo editorial Apiario, recitará ao carón de Antonio Gamoneda, Premio Cervantes 2006, Premio Nacional de Poesía Reina Sofía.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/02/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre até completar a capacidade

Documentos:

Dossier Antonio Gamoneda y Dores Tembrás (913 KB)

Antonio Gamoneda (Oviedo, 1931) é autor de preto de medio centenar de libros de poesía -tanto individuais como en colaboración con outros/as artistas, así como antoloxías- en boa parte reunidos baixo os títulos Edad (1988) e Esta luz (2004). Os seus poemarios máis recentes son Canción errónea (2012) e La prisión transparente (2016).

Traducido a vinte linguas distintas, publicou tamén dous libros de narrativa -constituído un deles polas súas memorias de infancia: Un armario lleno de sombra (2009)- e numerosos ensaios sobre arte e literatura, entre os que é especialmente significativo canto á súa propia poética El cuerpo de los símbolos (1997).

É Doutor honoris causa polas Universidades de Santo Domingo-Primada de América (República Dominicana), UAEM (México), Babes-Bolyai (Rumanía) e León (España), e está condecorado polas de San Luis Potosí (México), Carabobo (Venezuela) e O Cairo (Exipto). Alén diso, a Biblioteca do Instituto Cervantes de Frankfurt leva o seu nome.

En 2006 fóronlle concedidos o Prix Européen de Littérature, o Premio Reina Sofía e o Premio Cervantes, e en 2012 recibiu o Premio Argana da cultura árabe para poetas de todas as linguas. Considerado un dos mellores poetas hispánicos contemporáneos, ten ditado conferencias e lido obra súa en países de Europa, América, África e Asia, e actualmente está a traballar no seu segundo libro de memorias.

He aquí la pobreza.

                               Sus huesos  tallados, sus gemidos, su sábana arterial.

                                                                                                                    He

aquí la pobreza.

                         Los gemidos van a manifestarse en un temblor de álamos, y

 /concertarán  su  epifanía, y  grandes  flores se  posarán en nuestras  manos,

y nuestras manos dudarán entre sostenerlas y ceñir las manos de los soñado-

                                         /res clandestinos y saludar a los grandes ausentes.

                                              

Y  nacerán  los niños amando y ofreciendo la teta izquierda al niño akan o 

                                                                                                          /songha. 

Y cantarán abrazados los obispos destituidos y las comadres de Cantamila-     

                                                                        /nos, las zurcidoras unánimes.

Y los otros, ¿podrán  soportar los otros la floración  binaria de la música y 

                                                                                                            /la ira?

No; no podrán soportarla.

                                          He

                                          aquí la pobreza.

DORES TEMBRÁS

Dores Tembrás (Bergondiño, 1979) licenciouse en Filoloxía en 2001 e, despois duns anos de investigación que incluíron diferentes estadías en Suecia, Madrid e Buenos Aires, en 2008 defendeu a súa tese doutoral: La obra poética de Alejandra Pizarnik. Arquitectura de un desencuentro.

En 2009 publicou o seu primeiro poemario, O pouso do fume. A partir dese momento sucédense os traballos poéticos: Esquiagrafías, Diapositivas a clareo, Silabario e Opium. En 2013 é galardoada co Premio de Poesía Concello de Carral co libro Cronoloxía da urxencia. En 2016, publica a plaquette Auga a través.

O seus textos foron traducidos a linguas como o éuscaro, catalán, castelán, inglés, ucraíno, croata, búlgaro e estoniano, e incluídos en diversas revistas, obras colectivas e antoloxías de difusión internacional. Ademais, en 2012 viu a luz o seu primeiro libro de poesía infantil, O peizoque Roque, e en 2017 o primeiro de traducións, cartografías subterráneas, que inclúe poetas europeos da actualidade.

En 2014 funda xunto á escritora Antía Otero o proxecto cultural Apiario, cunha área dedicada á formación -apoiada en cursos de escrita creativa e poética- e outra á edición de libros. En ambos os dous eidos e dende aquela, este renovador proxecto galego será saudado cun bo número de recoñecementos e galardóns.

os demais pasan

e ti apoiada na corda

déixaste negativar

revelada con vapor de mercurio

no corpo

algo de ferro fundido

de cádavo mollado

de fume extinto

os outros

non saben

pero miran de esguello

á que desafía a gravidade

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 17.00 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 18.30 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os instrumentos teñen vida propia", de Laura Romero, ás 17.00 h

    Cando:

    09/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 05/04/2024 ata o 09/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión