Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Lingua

Cuándo:

7 de septiembre de 2017

Xose Luís Axeitos, María Solar, Xabier P. DoCampo e a obra de Agustín Fernández Paz, protagonistas dos Paseos pola Coruña Literaria de outono

O primeiro dos paseos, con Xosé Luís Axeitos, abre a súa inscrición o luns 18 de setembro

Os Paseos pola Coruña Literaria, que organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, xa teñen datas e portagonistas para este outono: Xosé Luís Axeitos, María Solar, Xabier P. DoCampo e un percorrido pola obra de Agustín Fernández Paz con María Jesús Fernández, levaranos por diferentes localizacións para dárennos a coñecer unha outra cidade, a Coruña que ambientaron ou inspiraron as súas obras ou que foron berce das nosas letras. 

O calendario de paseos fica como segue:

  • 30 de setembro, de 12:00 a 13:30 h. Con Xosé Luís Axeitos. Dicía nos anos vinte do pasado século El Pueblo Gallego, a propósito da estreliña nacionalista que adoitaban poñer os irmandiños na cabeceira das súas cartas, o seguinte: «Ises loceiriños que estrelecen o ceo dos nosos escritos, isas margaridas pentapétalas, que bosquexamos inxenuamente derriba das nosas cartas espranzadas...».
  • 7 de outubro, de 17:30 a 19:00 h. Con María Solar. Desde o peirao da Coruña partiu en 1803 a corveta María Pita para levar a vacina da varíola ao Novo Mundo da única maneira posible, a través dunha cadea de vacinación a 22 nenos orfos. A cidade foi parte e escenario da preparación desta xesta médica sen precedentes. Os nenos da varíola recupera, novelada, a memoria do que pasou. O roteiro levaranos da man pola historia e a ficción literaria, un paseo para recuperar parte da memoria da cidade e da humanidade.
  • 21 de outubro, de 12:00 a 13:30 h. Paseo sobre Agustín Fernández Paz, guiado por María Jesús Fernández. Quixera que fosen as palabras do propio Agustín Fernández Paz as que desen xusto sentido a este percorrido polos escenarios da novela A viaxe de Gagarin, derradeira que o querido e lembrado escritor e amigo dedicou ao público lector adulto. Dicía Agustín nun texto que escribiu no mes de novembro de 2015 para recibir o Premio da Crítica de Creación Literaria dese ano, e que eu tiven a honra de ler no seu nome: «... A viaxe de Gagarin, como toda historia que pretende ser universal, afonda as súas raíces nun territorio moi concreto: a cidade da Coruña, na década dos sesenta... ... A viaxe de Gagarin é, dalgún xeito, un libro xeracional: un repaso á España, á Galicia, dunha amarga etapa da ditadura de Franco, desde finais dos cincuenta ata a morte do ditador. Unha etapa da que, aínda hoxe, as ondas do que nela sucedeu chegan ata nós...».
  • 4 de novembro, de 12:00 a 13:30 h. Con Xabier P. DoCampo. "Lembro cando, nos últimos anos cincuenta do século pasado, había na Coruña dezasete salas de cinema abertas. Dese xeito, o cinema chegaba a todos os barrios da cidade, cousa importante dado que era o único espectáculo que nos abría unha fiestra ao mundo exterior nun panorama de illamento cultural. A intención do roteiro é a de percorrer os lugares onde estaban aquelas salas, en especial as do centro, que eran as de estrea, aínda que falaremos tamén das outras, as de reestrea ou populares. E falaremos moito do que significaba o cinema, de como eran as salas, o público..."

Prazos e forma de inscrición

Os Paseos pola Coruña Literaria están destinados a persoas maiores de 16 anos e son totalmente gratuítos. Con todo é necesaria a inscrición pois están limitados a 55 prazas.

A inscrición pode facerse na Conserxaría do Centro Ágora, chamando ao 981 189 888 (a partir das 9.00 h, en calquera dos casos) e no correo lingua@coruna.es, nas seguintes datas

  • Xosé Luís Axeitos. Inscrición desde o luns 18 de setembro.
  • María Solar. Inscrición desde o luns 25 de setembro.
  • Paseo sobre Agustín Fernández Paz, guiado por María Jesús Fernández. Inscrición desde o luns 9 de outubro.
  • Xabier P. DoCampo. Inscrición desde o luns 23 de outubro.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

Próximas inscripciones

Próximas inscripciones

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?

Necesitamos tu ayuda

¿Tienes dos minutos para darnos tu opinión sobre la web municipal y así ayudarnos a mejorarla? Te lo agradecemos

Ir a la encuesta

¿Tienes dos minutos para darnos tu opinión sobre la web municipal y así ayudarnos a mejorarla? Te lo agradecemos

Ir a la encuesta