Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de maio de 2017

Na primeira entrega desta acción de dinamización participaron máis de 200 vídeos.

Youtubeir@s entrega os premios aos mellores vídeos en galego do YouTube

Youtubeir@s - Concurso de vídeos na Rede celebra este venres ás 20.00h no Teatro Principal de Ourense a Entrega dos Premios desta primeira edición.

Este venres 26 de maio ás 20.00h terá lugar no Teatro Principal de Ourense a Entrega de Premios deYoutubeir@s - Concurso de vídeos na Rede. O acto será presentado pola actriz e cómica Iria Pinheiro,contará co monólogo "E non te esquezas da miniatura!" a cargo de Iñaki Quenerapú e coa mestura endirecto de todos os vídeos participantes nesta edición da man da vídeo-DJ Marta Verde.

Neste momento xa se poden ver na canle de Youtube de Youtubeir@s os vídeos finalistas das dúas categorías: vídeo-facermos e vídeo-opinarmos. No acto coñeceranse os nomes das persoas gañadoras que recibirán un trofeo e un premio de 1.000€. Entre os vídeos que optan a este galardón unhas mulleres de San Sadurniño explican como plantar cacahuetes e opinan sobre a praga que está afectando ás patacas,unha moza de Ribeira explica como facer un guiso Anti-San Valentín, un rapaz de Santiago de Compostela mostra como facer un vídeo e unha rapaza de Ourense reflexiona sobre o galego mentres que dende Vimianzo, outra youtubeira debate sobre o seu corpo. Entre os máis de 200 vídeos participantes premiaranse os que destaquen polo seu enxeño e creatividade, pola súa eficiencia comunicativa, pola súa calidade técnica e a súa calidade lingüística. Coñeceranse ás persoas gañadoras con 500€ destas catro mencións honoríficas na Entrega de Premios. A asistencia é aberta e de balde. Pódense recoller asentradas a partir das 18.00h deste venres na billeteira do Teatro Principal.

Youtubeir@s é unha iniciativa dos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, A Coruña,Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove; etamén das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Toda a información sobre o Concurso en www.youtubeiras.gal

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 17.00 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 18.30 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión