Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pablo Díaz presenta Coas miñas mans

Pablo Díaz leva xa 4 traballos discográficos dedicados ao público infantil. Durante os case dez de carreira leva percorridas moitas escolas infantís, de primaria, ademais dos concertos habituais por diferentes localidades galegas. Nesta andaina percatouse da importancia que para as nenas e nenos ten toda a xestualización manual e facial, e por este motivo, partindo das mans como estratexia comunicativa, xorde este traballo.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

08/06/2018

A actividade está recomendada para crianzas maiores de 3 anos acompañadas. É necesaria a inscrición tanto para a crianza como para as acompañantes. Abrirase ás 10.00 h.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 28/05/2018 ata o 08/06/2018

Formulario de inscrición

Horario:

Dous pases: un ás 17:00 e outro ás 19:00 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Gratuíta

Televenda:

Ticketea

Empregamos as mans para comunicarnos, para escribir, debuxar, pintar, contar, sentir, etc. É a partir dos 3 anos cando dun xeito máis ou menos consciente, as cativas e cativos empezan a adquirir este tipo de destrezas e habilidades. De aí cancións como: "As mans", "Os números", "As vogais", "Figuriñas de papel", "As cores", "Os 5 sentidos"...Ademais destes temas, trátanse tamén outros máis lúdicos para eles como a primavera, os xogos, as mascotas 

A entrada será gratuíta, mais é necesaria a inscrición en ticketea. Cada persoa poderá retirar até un máximo de 4 entradas, das que deberá cubrir o nome e apelidos de cada unha das persoas que asistirán ao evento. No día do concerto, será necesario achegar a entrada impresa ou en formato electrónico. É especialmente recomendado para nenos e nenas de máis de 3 anos.

Pablo Díaz é un prestixioso músico coruñés, que debutou co seu primeiro traballo discográfico TIC TAC, en decembro de 2009 e co que acadou un éxito espectacular en Galicia, xa que a primeira edición do traballo esgotouse en 3 meses, e está xa tamén esgotada a 4ª edición do traballo.

Con este traballo resultou un dos 3 finalistas nos premios galegos da música Martín Códax. Foi o gañador do premio "Anisia Miranda á creatividade infantil" en 2011.

En novembro de 2013, ve a luz o segundo traballo, TOC TOC, da editorial Galaxia, que xa tivo que ser reeditado en febreiro de 2014 e do que van vendidos máis de 4000 libro-discos.

En decembro de 2014, presenta o seu novo traballo máis íntimo e dedicado ao público de menor idade: "Xente miúda, moita fartura", apostando nesta ocasión pola autoprodución e por contar coa colaboración de Tito Calviño e Carmen Rey.

O seu anterior traballo, "Tic tac toc", publicouse a través da editorial Galaxia no Nadal de 2016 e con el xirou por toda Galicia.

Como inscribirse

Algunhas actividades precisan inscrición a través dunha ferramenta web.

Se non sabes como inscribirte, o CMIX explícacho nesta páxina.

Próximas inscricións

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 18.30 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 17.00 h

    Cando:

    14/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión