Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de marzo de 2019

Concerto e charla con Zënzar para o estudantado (Falamos secundaria)

Este espectáculo desenvolverase o mércores 13 de marzo, no auditorio do Centro Ágora, ás 11.00 h. A duración será de arredor de 90 min.

Esta actividade está dirixida ao alumnado dos IES e os CIFP do concello da Coruña e encadrado dentro do programa Falamos secundaria. Se non se cubrisen as prazas, abrirase un segundo prazo en que poderán participar tamén centros de fóra da cidade. Cada grupo participante deberá estar acompañado mínimo por unha persoa responsable do centro.

Para participar nesta actividade, cada centro da Coruña deberá remitir, desde o xoves 28 de febreiro, un correo a lingua@coruna.es cos seguintes datos:

-Nome e teléfono do profesorado que vai vir á actividade acompañando o alumnado.

-Número de alumnas e alumnos que van vir e indicación do curso a que corresponden.

Se non se cubrisen as prazas ofertadas, o xoves 7 de marzo abrirase un novo prazo onde tamén se poderán inscribir centros de fóra da cidade.

Zënzar, un dos grupos máis míticos do rock galego, os "Padriños do rock galego", ofrécennos un concerto e unha charla sobre música e lingua, cun pequeno repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela.

Realizarán un percorrido pola historia da música contemporánea gaelga cantada en galego e buscarán a participación e diálogo co público asistente, desde precursores coma Andrés Dobarro ou NHU nos 70, os Resentidos nos 80, Zënzar, Xenreira, Skornabois, Heredeiros da Crus, os Diplomáticos de Monte Alto ou O Leo nos 90 ata bandas en activo máis recentes, coma Ruxe Ruxe, Sés, Terbutalina, Dakidarria, O Sonoro Maxín, Tanxungueiras, Guadi Galego...

Os Zënzar son a banda en activo máis antiga do rock galego. Está formada por Manolo García, Xosé Bocixa, Paco Cerdeira, Mario Grela e Laura Romero.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 17.00 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 18.30 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión