Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Lingua

Cando:

6 de febreiro de 2018

Convocados novos cursos Celga para 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Os cursos na modalidade presencial (niveis Celga 2, 3 e 4) e na modalidade de teleformación (niveis Celga 1 e 4) que se convocan na Coruña son os seguintes.

Programación de cursos Celga presenciais na Coruña   

Localidade Celga 2  Celga 3  Celga 4
A Coruña

Código: CL220181503001 Lugar: IES Fernando Wirtz Suárez

Datas: do 3.4.2018 ao 23.5.2018 Horario: das 18.30 ás 21.00 h Días: de luns a xoves

Código: CL320181503001 Lugar: IES Fernando Wirtz Suárez

Datas: do 3.4.2018 ao 23.5.2018 Horario: das 18.30 ás 21.00 h Días: de luns a xoves

Código: CL420181503001 Lugar: IES Salvador de Madariaga

Datas: do 3.4.2018 ao 23.5.2018 Horario: das 18.30 ás 21.00 h Días: de luns a xoves

Os requisitos son os seguintes:

  • Persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.
  • No caso dos cursos de teleformación, as persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:
    • Ordenador con conexión á internet.
    • Conta de correo electrónico especificada na solicitude.
    • No curso Celga 1 de teleformación, deberán dispoñer a maiores de navegador web con plugin de flash.
    • No curso Celga 4 de teleformación, deberán dispoñer a maiores de micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz.
    • Para solicitar os cursos Celga 4 de teleformación destinados á poboación que reside en Galicia, a persoa deberá estar empadroada nalgún dos concellos da provincia galega correspondente, se se trata do curso destinado á poboación que reside fóra Galicia, a persoa deberá estar empadroada fóra de Galicia.
  • As solicitudes dos cursos de teleformación presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para máis información, podes contactar coa Delegación na Coruña:  da Xunta, na Praza Luís Seoane, s/n. 15008  A Coruña, 981 184 701, ou no web www.lingua.gal. Tamén podes consultar o DOG 06/02/2018.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?