Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de marzo de 2017

Os Paseos pola Coruña Literaria están organizados en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Emma Pedreira, Beatriz Maceda, Nacho Taibo e Chisco Fernández Naval, protagonistas dos Paseos pola Coruña Literaria

Aberto o prazo de inscrición para o primeiro dos paseos, que será o vindeiro 1 de abril a partir das 12:00

Os tradicionais Paseos pola Coruña Literaria teñen xa datas e protagonistas: Emma Pedreira, Beatriz Maceda, Nacho Taibo e Chisco Fernández Naval serán as autoras e autores que nos acompañarán pola súa Coruña os días 1 e 22 de abril e mais o 6 e o 13 de maio.

A encargada de abrir o ciclo será a autora do "Mellor poema do mundo" pola súa peza Lista da compra da viúva, Emma Pedreira. A cita será o vindeiro 1 de abril a partir das 12:00.

Este roteiro é ao mesmo tempo un recital efémero, unha exposición fotográfica itinerante, unha homenaxe da poeta ao fotógrafo e ás rúas que pasearon e viviron xuntos como neta e avó, unha volta ao pasado nos tempos da guerra civil e, sobre todo, unha entrada exclusiva nun álbum de familia daquel neno que aprendeu o oficio da fotografía dentro dunha guerra. Desde o Cuartel de Atocha até a rúa dos fotógrafos (Rego de Auga) percorreremos as fotografías, os poemas e as rúas da cidade

O resto de roteiros quedan como segue:

  • 22 de abril: Beatriz Maceda. Camiñar, retornar ao barrio de Beiramar na compaña dos versos de Luisa Villalta e do pasado anarquista deste o meu lugar da infancia, que sempre mirou cara ao mar. No que aprendín que ser muller era sinónimo de afouteza, que os viquingos contaban historias máxicas e que na vida hai barricadas.
  • 6 de maio: Nacho Taibo. A xira centrarase nalgunhas recordacións do autor sobre o centro da Coruña, fundamentalmente en relación cos escenarios da novela Os tres de nunca. Partindo do grupo escultórico de Asorey a Curros Enríquez, nos xardíns do Recheo, seguiremos a rúa Real, con particular atención á vivenda que fora de Juana de Vega, para rematarmos ante a actual biblioteca da Deputación/teatro Rosalía de Castro, onde se situaba o Goberno Civil cando comezou a Guerra Civil.
  • 13 de maio: Chisco Fernández Naval. A Coruña: feminina e plural. Paseo que percorrerá unha parte da cidade, con inicio na estatua de Porlier, no Campo da Leña, e remate na Fundación Luís Seoane. Dous serán os fíos condutores: a particularidade de ser A Coruña unha cidade que deu, ou na que viviron, mulleres transcendentes no seu pensamento e nos seus feitos e, tamén, o de ser de sempre cidade liberal. Pasaremos por lugares vinculados a María Casares, María Miramontes, María Pita, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Herrera Garrido, Luísa Villalta. Falaremos do mito do nome da cidade, da razón da rúa das Damas, e invocaremos a Juana de Vega, Concepción Arenal, Isabel Zendal ou Eugenia Osterberger, sen deixar de atender ás referencias liberais que atoparemos no camiño. 

Inscricións nos Paseos pola Coruña Literaria 2017

Os Paseos pola Coruña Literaria están destinados a persoas maiores de 16 anos e son totalmente gratuítos. Con todo é necesaria a inscrición pois entán limitados a 55 prazas.

A inscrición pode facerse na Conserxaría do Centro Ágora, chamando ao 981 189 888 (a partir das 9.00 h, en calquera dos casos) e no correo lingua@coruna.es, nas seguintes datas:

  • Paseo de Emma Pedreira do 1 de abril: inscrición desde o 23 de marzo a partir das 9:00 h
  • Paseo de Beatriz Maceda do 22 de abril: inscrición desde o luns 10 de abril a partir das 9:00 h
  • Paseo de Nacho Taibo do 6 de maio: inscrición desde o luns 24 de abril a partir das 9:00 h
  • Paseo de Chisco Fernández do 13 de maio: inscrición desde o martes 2 de maio a partir das 9:00 h 

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 17.00 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 18.30 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os instrumentos teñen vida propia", de Laura Romero, ás 17.00 h

    Cando:

    09/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 05/04/2024 ata o 09/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión