Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de novembro de 2019

Máis de 1500 escolares da Coruña e da comarca achéganse con Migallas Teatro ao mundo do pan a través da lingua galega

Case vinte centros de educación infantil e primaria da cidade e bisbarra participarán na actividade “Merenda con pan de millo”, organizada por Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Falamos, no Centro Cívico dos Mallos entre o 4 e o 14 de novembro.

Durante as dúas primeiras semanas do mes de novembro, máis de 1500 escolares da Coruña, Arteixo, Cambre, Carral e Culleredo acudirán polas mañás ao auditorio do Centro Cívico dos Mallos para desfrutar da obra Merenda con pan de millo, de Migallas Teatro e achegárense así á nosa lingua, música, cultura e tradicións relacionadas co mundo do agro e do pan, dun xeito ben divertido.

Da man de María Campos e Carlos Yus, fundadores da compañía pontevedresa, a cativada, ademais de coñecer o proceso da elaboración do pan de millo, tamén desfrutará da recuperación da memoria das avoas e dos avós e dos xogos tradicionais, como as adiviñas ou as cancións, sempre a través da lingua galega. A peza está baseada no famoso libro-CD Pan de millo, da editorial Kalandraka, polo que a experiencia non fica só na asistencia ao espectáculo xa que permite continuala na aula e na casa coas familias.

Estas sesións enmárcanse dentro do programa de dinamización lingüística Falamos, que Normalización Lingüística do Concello da Coruña lles ofrece aos centros educativos de Primaria e Secundaria. O obxectivo principal do Falamos é fomentar a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego, sempre con actividades gratuítas para os centros.

As mañás do Centro Cívico dos Mallos dos días 4 e 5 de novembro xa se encheron coa rapazada de 5 a 8 anos dos cursos de 6.º de Educación Infantil e 1.º, 2.º e 3.º de Educación Primaria, dos centros CEIP José Cornide Saavedra, o CEIP Fernández Latorre, o CEIP María Barbeito, o CEIP de Prácticas e o CEIP Emilia Pardo Bazán. E para os seguintes días contaremos cos CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Ponte dos Brozos, CEIP Alborada, CEIP Manuel Murguía, EEI San Bartolomeu, CEIP Ramón de la Sagra, CEIP Gonzalo Torrente Ballester, CEIP Vicente Otero Valcarcel e EEI Barrionovo.

Aínda fican prazas libres para grupos reducidos nalgunhas das sesións da semana que vén, polo que se algún centro estiver interesado, pode contactar con Normalización Lingüística do Concello da Coruña a través do correo lingua@coruna.es ou do teléfono 981 184 200 (ext. 34310 ou 34333).

Enderezo:

Centro Cívico Os Mallos. Avda. de Arteixo 147. 15007 A Coruña

Páxina web:

http://www.coruna.gal/lingua/gl/detalle/falamos-primaria-merenda-con-pan-de-millo-de-migallas-teatro/suceso/1453708806089

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Arrolos e colos musicais", de Leticia Falcón, ás 17.00 h

    Cando:

    16/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 12/04/2024 ata o 16/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 2 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Arrolos e colos musicais", de Leticia Falcón, ás 18.30 h

    Cando:

    16/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 12/04/2024 ata o 16/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 2 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 17.00 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión