22 de setembro de 2017
O Paseo pola Coruña Literaria de María Solar será o vindeiro 7 de outubro ás 17:30 horas e abre a inscrición o luns 25 a partir das 9.00 horas.
O segundo dos Paseos pola Coruña Literaria, que organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, xa ten protagonista e data: María Solar descubriranos o vindeiro 7 de outubro a partir das 17.30 a pegada da expedición Balmís que relatou na súa obra "Os nenos da varíola".
O prazo de inscrición abre o luns 25 de setembro a partir das 9.00 h. As persoas interesadas en percorrer con María Solar o paseo poden inscribirse dos tres xeitos seguintes:
Desde o peirao da Coruña partiu en 1803 a corveta María Pita para levar a vacina da varíola ao Novo Mundo da única maneira posible, a través dunha cadea de vacinación a 22 nenos orfos. A cidade foi parte e escenario da preparación desta xesta médica sen precedentes. Os nenos da varíola recupera, novelada, a memoria do que pasou. O roteiro levaranos da man pola historia e a ficción literaria, un paseo para recuperar parte da memoria da cidade e da humanidade.
Prazas completas no paseo con Xosé Luís Axeitos
As 55 prazas dispoñibles para o paseo con Xosé Luís Axeitos xa están ocupadas, así como a listaxe de espera. Se por calquera motivo algunha das persoas anotadas non puidese asistir, pode contactar co Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña para que outra persoa poida asistir ao evento.
Vindeiros Paseos pola Coruña Literaria
Despois do de María Solar, quedarán dúas citas máis:
Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades
02/04/2024
17.00 horas
Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
02/04/2024
18.30 horas

09/04/2024
17.00 horas
Dende o 05/04/2024 ata o 09/04/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible