5 de maio de 2016
Xulio Ferreiro participou na apertura oficial da mostra expositiva itinerante sobre o autor ao que este ano están adicadas as Letras Galegas
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou hoxe no acto oficial de apertura da mostra expositiva itinerante Manuel María. Beleza, Amor e Compromiso (1924-2004), que poderá visitarse na Biblioteca Pública da Coruña ‘Miguel González Garcés’ dende hoxe e até o 14 de maio. Na inauguración da mostra, deseñada pola propia Casa Museo Manuel María --que percorrerá até decembro as catro provincias galegas pasando tamén por Outeiro de Rei, Compostela, Vilalba, Monforte de Lemos, Marín, Celanova, Noia, Vigo, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra-- o primeiro edil coruñés salientou o “compromiso inquebrantable do autor coa lingua galega”. “Nós temos que continuar con ese compromiso cara ao noso idioma, igual que debemos difundir a súa obra e a súa memoria”, afirmou o rexedor.
Ferreiro, nun acto no que estaban presentes o conselleiro de Educación, así como representantes da Real Academia Galega e da Casa Museo Manuel María, destacou que “actuacións como esta serven para achegar á cidadanía a súa figura e obra. Serve para garantir que os seus poemas sempre seguirán vivos”.
O alcalde fixo fincapé “no gran cariño que a Coruña lle profesa a Manuel Mariña, e o gran cariño que el lle profesaba a esta cidade, que escolleu para pasar a última etapa da súa vida”. “O seu comprimiso con esta cidade plasmouse, entre outras moitas accións, no seu apoio decido á Universidade, e polo tanto, ao fomento da riqueza a da cultura deste Concello”, sinalou Ferreiro. “Esta mostra contribúe a que A Coruña manteña sempre vivo a un dos seus veciños máis ilustres”, concluíu.
Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades
23/04/2024
17.00 horas
Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
23/04/2024
18.30 horas

07/05/2024
17.00 horas
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible