Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de novembro de 2015

O Concello pon en marcha o sexto concurso de monólogos en lingua galega para os e as estudantes da Coruña

Os e as inscritas participarán nunha gala pública que se celebrará o día 16 de decembro no teatro Rosalía

O Concello da Coruña vén de poñer en marcha a sexta edición do ‘Concurso de monólogos cómicos en lingua galega’, ao que está chamado a participar todo o alumnado de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional do municipio. Os e as participantes acudirán a unha gala pública e gratuíta que se celebrará o 16 de decembro no teatro Rosalía de Castro e na que representarán os seus monólogos. A inscrición pode facerse no correo electrónico educacion@coruna.es, mentres que as bases do concurso atópanse na web do Servizo Municipal de Educación (www.edu.coruna.es), e do Centro de Información Xuvenil (www.coruna.es/nex).

No certame, que busca fomentar o uso da lingua galega entre os e as estudantes, establécense tres categorías. A primeira é para os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO; a segunda para os cursos de 3º e 4º de ESO, mentres que a terceira está reservada para o estudantado de Bacharelato e dos ciclos formativos.

Para cada unha das categorías estableceranse dous posibles temas sobre o que debe versar o monólogo, tendo que elixir os as participantes por cal dos dous temas opta. Así, na primeira categoría os temas son “Meu pai pensa que é todo un Chicote…” ou “Na ESO: de maior a pequeno”. Para a segunda categoría, os monólogos versarán sobre “Os/as runners” ou “Ás doce na casa!”. E para a terceira categoría os temas son “As miñas hormonas están a cen” ou “O futuro xa está aquí”.

No concurso poderán participar alumnos de maneira individual ou en grupos, sendo o máximo de tres persoas. Para a valoración dos e das gañadoras terase en conta de forma especial a orixinalidade do monólogo, a calidade lingüística e a interpretación ou dramatización no momento da representación. Ademais, os monólogos non poden exceder dos cinco minutos de duración. En cada categoría hai un primeiro e un segundo premio, recibindo os gañadores entradas para asistir aos espectáculos incluídos nos ciclos de teatro ‘Sen Numerar’ e ‘ILUSIOOOHN!’. O alumnado que participe tamén recibirá un diploma acreditativo.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 17.00 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 18.30 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión