Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Lingua

Cando:

2 de outubro de 2017

O Proxecto Apego, Premio da Cultura Galega 2017

O premio está concedido pola Xunta de Galicia

Estamos de parabéns! Despois de recibir o Premio Rosalía de Castro de Lingua 2017, que concede a Deputación da Coruña, o proxecto Apego acaba de ser galardoado tamén co Premio da Cultura Galega 2017 na modalidade de lingua.

Apego é un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma, para o que se desenvolven materiais, facilítanse e difúndense recursos, deséñanse e prográmanse actividades para nais e pais e para nenos e nenas, etc.

Esta iniciativa púxose en marcha en 2015 por iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e o Concello da Coruña uniuse a ela en abril de 2016. Na actualidade está desenvolvida por 29 concellos: A Baña, A Coruña, Ames, Carballo, O Carballiño, Carnota, Cee, Ferrol, Lugo, Mazaricos, Moaña, Muros, Narón, Negreira, Nigrán, Oleiros, Ourense, Ponteceso, Pontevedra, Ponteareas, Redondela, Rianxo, Ribadeo, Rois, Sada, Santiago de Compostela, Teo, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vimianzo.

Deste xeito, o proxecto Apego chega a unha poboación que supera os 1.300.000 habitantes, entre a que está a das sete cidades galegas e das principais áreas urbanas, onde máis cómpre incentivar e facilitar a socialización en galego da infancia.

Como formar parte da comunidade Apego

As familias interesadas en formar parte da comunidade Apego poden cubrir o formulario dispoñible en apego.gal. Despois de o faceren, o Servizo de Normalización Lingüística contactará con elas para concertar unha cita e darlles un pequeno agasallo de benvida.

Podes consultar todas as actividades relacionadas co programa Apego que organiza o Concello da Coruña nesta ligazón.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?