Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de diciembre de 2018

Un Nadal con Apego e Musicando no Nadal para celebrarmos o Apego á lingua!

As familias que forman parte da comunidade de Apego e todas aquelas interesadas en se uniren á comunidade no Concello da Coruña teñen dúas citas nestas datas: a festa Un Nadal con Apego do vindeiro 22 de decembro, e o Musicando no Nadal! dos días 2, 3 e 4 de xaneiro

Con estes dous programas, o Concello da Coruña quérelles agradecer a todas as familias a súa pertenza ao programa Apego e convidar outras novas a se sumaren a esta iniciativa que pretende axudar á socialización en galego e á transmisión interxeracional da nosa lingua, así como ofrecer unhas alternativas de lecer en familia nestas datas de Nadal.

Programa de actividades da festa "Un Nadal con Apego!"

A festa de Nadal do programa Apego desenvolverase no Centro Ágora de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas e estará composta das actividades seguintes:

  • Uxía Lambona e a Banda Molona para crianzas maiores de 3 anos, ás 11.30 horas
  • Contos con Roque, de Baobab Teatro, para crianzas de 1 a 3 anos, ás 12.00 horas
  • Xa pola tarde, haberá dous pases de "As Maimiñas", para crianzas maiores de 3 anos, un ás 17 e outro ás 18.30 horas
  • Outros dous pases de "Xente miúda, moita fartura" de Pablo Díaz, para crianzas de 1 a 3 anos, un ás 17.15 e outro ás 18.45

Ademais, durante o día haberá un posto fixo de xoguetes de Brazolinda, que estará á disposición das persoas asistentes ao longo de todo o día.

As entradas para as actuacións son gratuítas pero limitadas pola capacidade dos recintos en que se van desenvolver. Repartiranse na conserxería do Centro Ágora unha hora antes do comezo de cada actividade.

Programa do Musicando no Nadal!

Pola súa banda, o Musicando no Nadal desenvolverase durante os días 2, 3 e 4 de xaneiro co seguinte programa:

  • "De aquí para alá" de Lydia Botana o mércores 2 de xaneiro no Centro Cívico dos Mallos cun pase ás 17.00 horas e outro ás 19.00 horas. A actividade está destinada a crianzas maiores de 4 anos.
  • "Cancións para desafinar da Gramola Gominola" o xoves 3 de xaneiro tamén no Centro Cívico dos Mallos cun pase ás 17.00 horas e outro ás 19.00 h. A actividade tamén está destinada a pequenas e pequenos maiores de 4 anos.
  • Tamén o xoves 3 de xaneiro haberá 2 pases de "Na casa", de Caramuxo Teatro,  para crianzas de 1 a 3 anos. Neste caso, as actuacións serán ás 17.00 e ás 18.30 horas" no auditorio do Centro Ágora.
  • Para rematar, o venres 4 de xaneiro, Pablo Díaz fará dúas sesións de "Cantacontos para bebés" tamén no Auditorio do Centro Ágora ás 17.00 h e ás 18.30 h

Para o Musicando, os convites poderán retirarse na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística, www.coruna.gal/lingua, a partir do 26 de decembro de 2018, onde tamén se poderá consultar máis información sobre as actividades.

Documentos:

Un Nadal con Apego (151 KB)

Musicando no Nadal (3 MB)

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

Próximas inscripciones

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 17.00 h

    Cuándo:

    23/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 19/04/2024 hasta el 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 18.30 h

    Cuándo:

    23/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 19/04/2024 hasta el 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cuándo:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 03/05/2024 hasta el 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscripciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión