Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Lingua

Programa Apego

Apego vai dirixido a vós, ás familias que vos estades a preparar para a chegada dun novo membro e tamén ás que tedes nenos e nenas ata 6 anos. Queremos axudar á socialización en galego e propoñervos o uso da lingua galega para crear vínculos coa familia, para asentar o arraigo a esta terra, porque a lingua que mamamos, na que aprendemos a falar, vai ser a base da identidade futura do voso fillo ou da vosa filla. A lingua de cada pobo é un tesouro irrepetible e tamén é a cerna que lle permite existir e descubrir o mundo. Únete a nós no Apego, porque cremos no noso futuro

Un agasallo para ti

Para esas familias que queredes que a lingua galega forme parte da vosa vida, varios concellos de Galicia creamos o proxecto Apego. Se o vides coñecer, temos para vós, ou para ti, un agasallo de benvida con materiais e recursos moi útiles especialmente creados para este tempo de agarda e preparación.

Só tes que concertar unha cita con nós e atenderémoste encantados.

Que requisitos preciso?

Podedes recoller o voso agasallo no Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña. O único requisito que pedimos é que acheguedes un documento asinado polos servizos sanitarios que acredite que estades esperando un bebé se aínda non @ tedes ou, no caso de adopcións, deberedes entregar a asignación do/a menor.

Xunt@s creamos un vínculo especial

Súmate a este proxecto colectivo para fortalecer o apego e o arraigo a través da lingua galega, a lingua propia de Galicia, a dos nosos pais, avós... a nosa. Ter un vínculo tan especial co voso fillo ou filla é a base para que medren como persoas seguras, honestas, estables e felices.

Que actividades realizamos no Concello da Coruña?

Con todo o agarimo do mundo, preparamos algunhas actividades para as gozardes as familias en conxunto. Aquí podes consultar as máis recentes .

Onde podes ter máis información?

Se precisas coñecer máis sobre o proxecto, que concellos formamos parte del e das actividades das que podes gozar noutras partes do país, podes pasar pola páxina apego.gal.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

Próximas inscricións

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?

Necesitamos a túa axuda

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa