Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Sempre é importante estar preparado cando ocorre algunha destas situacións...
Que facer se atopaches un animal
Poñerche en contacto co Concello ou Policía Local de onde o atoparas para que cho recollan. No caso de que sexa o Concello da Coruña, podes poñerche en contacto connosco por calquera dos medios que atoparás no apartado de Localización ou a través deste formulario de contacto.
Se decides quedarche con el debes saber que igualmente debes dar aviso xa que o seu propietario pódeo estar a buscar.
Se sabes dun can abandonado debes de notificalo igualmente ao Concello ou á Policía Local.
¿Como identificar a un can potencialmente perigoso?
Un can considérase potencialmente perigoso cando concorren calquera das condicións seguintes:
Que tivese algún episodio de agresión a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas.
Que fose adestrados para a garda e defensa.
Que polas súas características raciais puidesen ser aptos para o adestramento, para a garda e defensa e en concreto os pertencentes ás razas seguintes:
American Stafforshire Terrier
Pit Bull Terrier.
Bullmastif.
Dobermann.
Dogo Arxentino.
Dogo de Bordeus.
Dogo do Tíbet.
Fila Brasileiro.
Mastín Napolitano.
Presa Canario.
Presa Mallorquino (Ca de bou).
Rottweiler.
Staffordshire Bull Terrier.
Tosa Inu
Akita Inu.
Tamén serán considerados neste apartado os cruces en primeira xeración destes, cruces destas razas entre si ou cruces destes con outras razas, obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente descritas.
Cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. A devandita agresividade será apreciada pola autoridade competente, de oficio ou despois de notificación ou denuncia e despois de informe dun adestrador ou veterinario designado para o efecto.
Aqueles cuxas características se correspondan con todas ou a maioría das seguintes:
Forte musculatura, aspecto poderoso, robusto, configuración atlética, axilidade, vigor e resistencia.
Marcado carácter e gran valor.
Pelo curto.
Perímetro torácico comprendido entre 60 e 80 centímetros,altura á cruz entre 50 e 70 centímetros e peso superior a 20 kg.
Cabeza voluminosa, cuboide, robusta, con cranio ancho e grande e fazulas musculosas e bombeadas.
Mandíbulas grandes e fortes, boca robusta, ancha e profunda.
Pescozo ancho, musculoso e curto.
Peito macizo, ancho, grande, profundo, costelas arqueadas e lombo musculado e curto.
Extremidades anteriores paralelas, rectas e robustas e extremidades posteriores moi musculosas, con patas relativamente longas formando un ángulo moderado.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible