Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cidade amigable cos animais

Adestramento

Goza educando e practicando deporte coa túa mascota

Porque o adestramento e a educación canina non só serven para modificar e solucionar problemas de conduta non desexadas nas nosas mascotas, desde aquí querémoste animar a que goces practicando diferentes deportes e actividades coa túa mascota. A continuación detallámosche algúns deportes caninos que podes practicar:

Nesta modalidade o can/a cadela deberá realizar o percorrido dunha pista con diferentes obstáculos (establecidos por un/unha xuíz/a) sen colar nin correa obedecendo a ordes da persoa guía para superar o percorrido no menor tempo posible e sen ser penalizado por rexeitamentos, derrubamentos... etc.

A educación levada á competición en pista, trátase de executar coa maior precisión posible unha serie de exercicios (posicións, saltos, cobro de obxectos...) marcados por un regulamento oficial e cualificados por varios xuíces, onde se terá en conta a compenetración entre o can e o guía, a perfección da execución e velocidade dos exercicios cunha serie de puntuacións finais.

Menos coñecido e practicado que os anteriores, pero moi divertido, trátase de realizar unha coreografía acompañada de música co teu can ou cadela. O obxectivo de cada representación é demostrar as habilidades do teu can en forma creativa e artística, acompañando con música os seus movementos.

Carreira de remudas con catro saltos, a proba consiste na competición entre dous equipos de cans, os cales deberán de superar catro saltos, accionar o pedal que expulsa unha pelota, collela e realizar o percorrido en sentido contrario.

Este regulamento consta de tres disciplinas, rastrexo, obediencia e protección.

Na sección de rastro, o can deberá seguir mediante o seu olfacto un rastro realizado con antelación por un trazador e marcar unha serie de obxectos depositados por el.

Na sección de obediencia, o can deberá executar unha serie de exercicios (sentado, deitado, chamada, apport...) coa maior precisión posible.

Na sección de protección, o can deberá realizar unha serie de exercicios de defensa, os cales son a procura do malfeitor (figurante), ataque en fuxida, condución do malfeitor cara ao xuíz para finalizar un ataque lanzado.

Contempla tres probas, obediencia, na que o can debe realizar diferentes exercicios. Saltos, avalíase as características físicas do can a través de diferentes saltos e por último está a defensa, na que se realizaránn exercicios para comprobar que o can é capaz de gardar un obxecto, defender o dono etc.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?