Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cidade amigable cos animais

Patrulla verde

foto patrulla verde

traballos realizados pola Partulla Verde

Patrulla verde

A Patrulla Verde da Policía Local da Coruña está integrada na Unidade de Distritos Diúrna, composta por sete axentes dirixidos polo inspector principal da Unidade de Distritos Diúrna. Colabora, aínda que non pertence á patrulla, un policía destinado na Unidade de Distritos Nocturna, para realizar as medicións de ruído en horario nocturno.

Funcións especificas

A principal función do grupo de Medio Ambiente céntrase na vixilancia do cumprimento da normativa municipal, autonómica e estatal ambiental, prevención e denuncia de infraccións (animais, verteduras, residuos, ruídos, limpeza etc.) no termo municipal da Coruña.

O desenvolvemento das funcións realízase por demanda da cidadanía, asociacións veciñais, departamentos municipais ou outras institucións. Trabállase de maneira programada, contactando co reclamante do servizo, para coñecer as circunstancias, horarios, persoas implicadas e así concertar citas para a inspección ou realizar controis específicos e aténdense as solicitudes inmediatas realizadas durante a quenda de traballo. Habitualmente préstase o servizo non uniformado se se dispón de vehículo non rotulado.

can clase

charlas sobre tenza responsable en colexios

Protección e tenza responsable

No que respecta a animais e tenza responsable destes, desde esta patrulla aténdense todas as reclamacións e solicitudes por tenza de calquera animal. As máis habituais suceden cos caninos, felinos, equinos, ovinos e aves.

A maior parte das demandas cidadás está relacionada coa tenza de cans. Na vía pública, ademais de atender os servizos que xorden durante a quenda de traballo, realízanse controis en parques, prazas, praias e zonas onde existen queixas por dexeccións, cans que circulan soltos e sen bozo, especialmente os de raza potencialmente perigosa. Cos cans e gatos en domicilios, patios, terrazas, baixos e lugares cubertos, onde son habituais as reclamacións por molestias por ladridos, malos olores, condicións de benestar animal; realízanse visitas de inspección para comprobar se as condicións de aloxamento son as adecuadas para o benestar destes animais de acordo coa súa etimoloxía e características físicas. Identifícase o animal e o seu propietario. Se se observa abandono ou malos tratos realízanse dilixencias que se poderán tramitar á Área de Medio Ambiente ou ao xulgado. Ademais dáse continuidade ás intervencións iniciadas por outra patrulla policial, que necesiten un seguimento, investigación ou unha comprobación posterior.

Recóllense comparecencias e realízanse investigacións en canto ás lesións e danos que os animais puidesen producir, habitualmente por ataques, mordeduras e pelexas ocasionadas por cans. Realízanse os correspondentes informes e dilixencias policiais e tramítanse á Área de Medio Ambiente ou ao Xulgado.

Realizáronse inspeccións, por reclamacións cidadás, en establecementos de animais domésticos, explotacións equinas, explotacións porcinas e gandeiras.

Visítanse os lugares onde se ten coñecemento de que habitualmente persoas dan para comer, de maneira non regulada, a gatos, gaivotas e pombas.

En época estival realízanse intervencións con animais mariños.

Durante o curso escolar, a Patrulla Verde en colaboración cun membro do Servizo municipal de Medio Ambiente e o seu can, imparten charlas "Programa Animal Bo Amigo" para lle transmitir ao alumnado os valores fundamentais necesarios para a tenza responsable ou convivencia con animais.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?