Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cidade amigable cos animais

Microchip para animais

En que consiste?:

As persoas propietarias ou posuidoras de cans e as daqueles gatos que habitualmente saian do domicilio, están obrigadas a identificalos mediante un implante electrónico antes dos tres meses de idade ou ao mes da súa adquisición.

Onde se fai?:

En calquera clínica veterinaria

Presencial

Que se necesita?:

DNI ou documento identificativo válido da persoa propietaria.

Internet

Teléfono

Máis información:

O implante electrónico deberá ter as seguintes características:

  • Deberá estar preprogramado e non se poderá modificar.
  • Operatividade do sistema a temperaturas comprendidas entre -40ºC e 70ºC.
  • O código alfanumérico estará formado por un número de díxitos que será único para cada animal, sen que poidan existir dous ou máis animais co mesmo código.
  • As comunicacións por morte ou desaparición, cambio de domicilio ou transferencia de propiedade dos animais terán que ser realizadas polas súas persoas propietarias ou posuidoras ao servizo correspondente no termo de 10 días, que se contarán desde que se producisen.
Os datos das persoas propietarias gozarán da confidencialidade e reserva que establece a normativa vixente nesta materia.
Regulación legal: Ordenanza municipal para a protección e tenza de animais da Coruña, publicada no BOP do 24 de xuño de 1997.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?