Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cidade amigable cos animais

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Rexistro de animais potencialmente perigosos

En que consiste?:

A persoa titular da licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos deberá inscribir o animal no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos do Concello de residencia habitual do animal, no prazo de 15 días que se contarán a partir da obtención da licenza, de conformidade co disposto no art. 4.1 do Decreto 90/2002, achegando a correspondente documentación.

Presencial

Que se necesita?:

Datos da persoa solicitante (propietaria, posuidora ou tedora):

  1. Nome e apelidos
  2. DNI
  3. Domicilio e teléfono de contacto
  4. Licenza municipal para a tenza de animais potencialmente perigosos (indicar o número de licenza e a data de expedición). Se se obtivo noutro concello, achegar fotocopia dela.
  5. Se a licenza se obtivo noutro concello: xustificación da subscrición dun seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de 125.000 euros (acreditarase mediante a presentación da copia da póliza de seguros ou ben mediante a presentación dun certificado acreditativo da compañía de seguros correspondente).
  6. Aboamento da taxa prevista na Ordenanza fiscal núm. 10, por un importe de 6,00 euros

Datos do animal

  1. Nome, especie, raza, sexo, data de nacemento, características externas identificatorias, enderezo do animal. Copia do documento acreditativo da implantación do microchip do animal asinado polo/a veterinario/a autorizado/a.
  2. Aptitude (función do animal): compañía ou garda, defensa, caza.

Internet

Teléfono

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?