Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae, tamén coñecido como Casa dos Peixes, é un centro público de ciencia dedicado á educación ambiental e á divulgación científica de temas mariños.

O terceiro dos Museos Científicos Coruñeses ten por obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes de agarimo cara ao mar e a vida mariña. Foi creado polo Concello da Coruña o 5 de xuño de 1999.

O Aquarium Finisterrae conta con catro salgas de exposicións, cada unha con personalidade propia, e unha colección biolóxica composta por 338 especies diferentes.

Exposicións

> SALA ISABEL CASTELO

Está dedicada a exposicións temporais de fotografía de natureza e medioambiente. O seu contido renóvase varias veces ao ano. Na actualidade mostra Aquarium Finisterrae: 1999-2019, unha exposición conmemorativa do 20 aniversario da Casa dos Peixes

> SALA MAREMAGNUM

É o núcleo educativo do aquarium. Ademais de grandes acuarios, contén a OceanoSfera e decenas de elementos museísticos que propoñen experiencias interactivas.

> SALA HUMBOLDT

Dedicada a grandes exposicións temporais monográficas. O seu contido renóvase con periodicidade.

Actualmente esta sala presenta «Sexo azul», unha exposición interactiva que trata sobre a reprodución sexual dos seres vivos que viven na auga. Está formada por 20 módulos que conteñen seres vivos, pezas de museo, modelos, pantallas táctiles, xogos, aparellos interactivos e ilustracións.

> SALA NAUTILUS

É a sala máis espectacular do Aquarium Finisterrae. Foi deseñada para ofrecer unha experiencia emocional única. Está mergullada nunha gran piscina de cinco millóns de litros de capacidade e a súa decoración lembra á do gabinete do Capitán Nemo a bordo do submarino Nautilus. Ao redor da sala nadan os peixes de maior tamaño do acuario, como as quenllas, corvinas, seriolas, douradas, robalizas e meros. Tamén hai bancos de caballas e xurelos. Periodicamente, en sincronía cunha música composta especificamente para esta sala por Luís Delgado, ilumínase a zona central, que alberga unha colección de diversos obxectos antigos relacionados co mar.

> TERRAZAS EXTERIORES

Completan a oferta museográfica do Aquarium. Nelas exponse a áncora do buque petroleiro "Mar Exeo", que o 3 de decembro de 1992 encallou fronte á Torre de Hércules provocando unha marea negra; o Xardín Botánico, con plantas do litoral galego; o Paraíso Mariño, que recibe auga directamente do mar e onde viven 5 machos de Phoca vitulina, e o Piscinarium, outra piscina de gran volume onde se atopan 9 femias da mesma especie de foca.

Actividades

Alimentación de quenllas

> Luns, mércores e venres ás 11.30 h

Alimentación de poboación de focas

> Todos os días ás 12.00 h e ás 17.00 h

Horario

> INVERNO (xaneiro e febreiro)

Luns a venres: 10.00 h a 18.00 h*

Sábados, domingos e festivos: 11.00 h a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado.

> PRIMAVERA (marzo a xuño)

Luns a domingo: 10.00 h a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes

> VERÁN (xullo e agosto)

Luns a domingo: 10.00 h a 20.00 h*

*O acceso péchase unha hora antes

> OUTONO (setembro a decembro)

Luns a domingo: 10.00 h a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes

24 de decembro: 10.00 h a 14.00 h

25 de decembro: pechado.

31 de decembro: 10.00 h a 14:00 h

ENTRADAS

> Xeneral: 10 euros

> Reducida: 4 euros*

*Menores de 16 anos; maiores de 65; desempregados, tras a presentación de documento acreditativo; Carné Xove e membros de familias numerosas, tras a presentación de documento acreditativo.

> Gratis

  • Festivos locais do Concello da Coruña (5 de marzo e 24 de xuño).
  • Día da Ciencia na Rúa (4 de maio).
  • Día dos Museos (18 de maio).
  • Semana da Ciencia (do 11 ao 17 de novembro).
  • Persoas con discapacidade.
  • Menores de 4 anos.
  • Guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas, tras a presentación de carné acreditativo.
  • Persoal docente, debidamente acreditado.
  • Estudantes da Universidade da Coruña, tras a presentación de carné acreditativo.
  • Xornalistas, debidamente acreditados.

> Bono Tres Casas: 12 euros

> Tarxeta Vente: 20 euros

> Tarxeta Vente Mini: 10 euros*

*Menores de 14 anos e maiores de 65.

  • Bono tres casas: permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae (só un acceso por museo); é necesario conservar o bono en perfecto estado.
  • Tarxeta Vente e Vente Mini: son nominativas, permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural contado desde a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI (no suposto dos menores de 14 anos, se dispoñen del) cada vez que se utilicen.

VISITAS ESCOLARES

Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.

Enderezo:

Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Como chegar:

Autobús: Liña 3 - Liña 3A - Liña 11

Bicicoruña: Paseo marítimo (Aquarium)

Teléfono:

981 189 842

Páxina web:

http://www.coruna.gal/mc2

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?