Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cando:

16 de xullo de 2019

Actividades no Planetario polo 50 aniversario dos primeiros astronautas na lúa

Estrea do programa «Lévame á Lúa», conferencia e presentación dun libro.

Lévame á Lúa é un documental sobre o rastro do noso satélite nas culturas humanas, que culmina coa chegada dos primeiros astronautas á superficie lunar fai agora cincuenta anos.

A produción combina impactantes animacións inmersivas cos recursos do planetario dixital para mostrar o firmamento e o Sistema Solar desde diversas perspectivas.

A Lúa é, con diferenza, o astro máis rechamante do ceo nocturno e desde sempre estivo asociada aos mitos que contribuíron a consolidar as sociedades primitivas.

Ademais, os seus cambios de fase e a forma en que se despraza entre as estrelas deron lugar aos primeiros calendarios cos que adquirimos conciencia do paso do tempo máis aló da sucesión dos días e das noites.

Non hai no Sistema Solar ningunha parella parecida á que forman a Terra e a Lúa. De feito, o noso satélite xogou un papel fundamental na aparición da vida na Terra. Por unha banda, axudou a estabilizar o eixe de rotación terrestre e serviu de escudo protector fronte ao impacto de meteoritos. Pero ademais, ao provocar as mareas axudou a crear as condicións para que os seres acuáticos colonizasen as terras emerxidas.

Lévame á Lúa tamén aborda o protagonismo do noso satélite en multitude de obras de ficción, desde a literatura clásica ao cómic ou o cinema. Non en balde, fomos á Lúa tantas veces coa imaxinación que esta viaxe mítica pasou a formar parte dos nosos soños.

Proxectarase desde o 16 de xullo, de luns a domingo, ás 13.00 horas (castelán) e ás 19.00 horas (galego).

Conferencia e presentación de libro

Ademais, para completar as actividadades de conmemoración deste fito, o venres 19 de xullo, ás 20.30 horas, terá lugar a conferencia Como poñer un señor na Lúa, a cargo de Borja Tosar, máster en Astrofisica e Astronomía e máster en Comunicación Cientifica pola Universidade de Valencia. Para asistir a esta conferencia é preciso retirar unha invitación previamente. As invitacións comezarán a repartirse o mesmo venres 19 a partir das 10.00 da mañá.

E o sábado 20, ás 20.30 horas, terá lugar a presentación do libro Pasa tempo, de Pedro Feal Veira. A presentación contará con textos de Ánxeles Penas e coa participación dos músicos Miguel Fernández Gil (violín), José Manuel González Díaz (guitarra) e Lucía Mata (fagot e voz). Entrada gratuíta ata completar a capacidade.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Novidades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?