Concello da Coruña

Concello da Coruña

Acto de entrega do I Premio Fina Casalderrey

Acto presentado por Rocío Fraga, Concelleira de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña. Contaremos coa participación das autoras dos libros premiados, do xurado e da madriña do premio, Fina Casalderrey.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral, Docente/Centro escolar

Cando:

19/10/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar capacidade

Horario:

De 18:30 a 19:30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

981184298

Acto de entrega do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade ás autoras gañadoras, Antía Yáñez por "A reconquista" e Sabela Losada, por "Vemella!".

O Xurado considerou as dúas obras merecedoras do premio en igualdade de condicións, manifestando que atenden a ámbitos moi distintos e complementarios e defendendo o especial interese de cada unha delas por distintos motivos:

"A reconquista", destaca polo acaído tratamento da ocupación do espazo central, o liderado feminino e a solidariedade. Ademais, pola combinación de dúas voces narrativas diferentes, que aluden ao humano e animal, e ao ámbito da ficción e do libro divulgativo, o que fai da obra unha proposta literaria moi atractiva e interesante para as nenas e para os nenos, ao resaltar tamén por ser un exemplo de resolución positiva dos conflitos que xorden no propio contorno.

"Vermella!", destaca por ser quen de sacar á luz un tema tabú e pouco tratado na literatura infantil, como é o da menstruación desde unha perspectiva de indagación case que policial e de divertimento por parte da rapazada protagonista. Igualmente, a historia consegue manter a súa intriga, mesmo coa axuda de trazos do humor natural característico do mundo infantil, na procura da descuberta, que lle dá sentido á trama e que ten que ver coa propia e progresiva descuberta do corpo da nena».

O Xurado estivo formado por Ana Luísa Bouza Santiago (socióloga), Montse Pena Presas (profesora da USC e crítica literaria), Patricia Porto Paderne (xerente da libraría compostelá especializada en temática feminista Libraría de Mulleres Lila de Lilth), Pilar Sampedro Martínez (mestra e vicepresidenta de Gálix) e a directora editorial de Baía Edicións, María Belén López Vázquez, que actuou ademais como secretaria.

As obras serán publicadas por Baía Edicións en álbums ilustrados a toda cor na colección Contoxconto.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión