Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cando:

6 de setembro de 2019

Charla sobre contaminación lumínica na Casa das Ciencias

Terá lugar o venres 6 de setembro, ás 20.00 horas, no Planetario da Casa das Ciencias.

A charla será ofrecida polo investigador italiano Fabio Falchi, do Istituto di Scienza e Tecnologia dell´Inquinamento Luminoso (ISTIL). É un dos maiores expertos mundiais en contaminación lumínica e responsable científico, con Pierantonio Cinzano, do «Atlas mundial do brillo do ceo», principal ferramenta para a avaliación da calidade do ceo en todo o planeta.

Co título «O bo, o feo e o malo. Contaminación lumínica en Europa e Estados Unidos», analizará cales son os mellores e os peores territorios para a observación do ceo de acordo coas súas investigacións máis recentes, e expoñerá os perigos asociados a este tipo de contaminación.

A conferencia será impartida en italiano. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade da sala. As invitacións comezarase a repartir media hora antes do comezo da conferencia.

Organizado por Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Novidades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?