Esta función substitúe a que estaba prevista o 25 de setembro de 2018 e que foi suspendida. A entrada da función anterior é válida para este pase. AS ENTRADAS XA ESTÁN ESGOTADAS.
Para público en xeral
28/04/2019
Xa rematou
20.30 h
90 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
26'00, 22'00, 18'00, 12'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)
De Manuel M. Velasco
Lucrecia Conti, a actriz máis importante do cinema, o teatro e a televisión de España, faleceu. Asistimos ao gran velorio que o Ministerio de Cultura organizou na súa honra nun teatro para que o público poida despedirse da súa admirada estrela. As súas netas Ainhoa e Mayte poñen orde porque as mostras de agarimos son inmensas. Tamén aparece Miguel, un primo afastado cuxo parentesco real é descoñecido. Todo cambia cando as persoas asistentes quedan encerradas no teatro porque a pantasma de Lucrecia aparécese para despedirse ao grande.
Ninguén dá crédito ao que acontece. A pantasma ten asuntos que resolver mesmo co seu propio representante, Alberto Luján, que trata de conter como pode a prensa que se apiña fóra. A noticia está a aparecer en todos os medios de comunicación, e todos os programas de televisión están a enviar unidades móbiles ao teatro para conectar en directo con Lucrecia... ou o que queda dela.
Non hai precedentes de algo así e Lucrecia vai aproveitar ao máximo este momento no que por fin se lle presta a atención que merece para solucionar, viva ou morta, todos os seus problemas profesionais e persoais: desde aceptar unha serie de televisión na que fai de morta (sic), deixar que lle fagan un boneco de cera para o Museo de Ídem de Madrid ou dicirlle a unha das súas netas se pode ennoivarse cun mozo ao que todos lle ven certo parecido familiar...
Todo iso mentres está pendente de que o público non pase fame neste ratiño de "peche" e ofrecéndolles un marabilloso show.
Porque o espectáculo, mesmo despois da vida sempre debe continuar.
Con Concha Velasco, Jordi Rebellón, Irene Soler, Irene Gamell, Emmanuel Medina
Dirección: Manuel M. Velasco
Compañía: Pentación Espectáculos
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 902 044 226
Web: https://www.ticketea.com/entradas-teatro-el-funeral-teatro-rosalia-castro/
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días de 10.00 a 19.00 horas.
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible