Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto de música contemporánea no Aquarium

O evento, que forma parte do festival de música contemporánea Resis 18, será ofrecido polo Grupo Instrumental Siglo XX

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/05/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 07/05/2018 ata o 11/05/2018

INVITACIÓNS ESGOTADAS

Formulario de inscrición

Horario:

Ás 20.00 horas

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta ata completar a capacidade: 60 prazas

O programa inclúe a estrea absoluta da obra Hidrotopías (2017), do compositor galego Ramón Otero Moreira, e completarase con obras de Anton Webern, Manuel Balboa, Josep M. Guix, Hosokawa Toshio, e Johann Sebastian Bach.

O Grupo Instrumental Siglo XX nace en 1996 pola iniciativa do violinista Florian Vlashi como homenaxe ao "Gran Século" . A finalidade do grupo é interpretar as mellores obras de música de cámara desde comezos do século XX ata os nosos días. Os seus membros son brillantes solistas da Orquestra Sinfónica de Galicia. Proveñen de máis de 10 países e recibiron unha formación especializada de excelencia en centros de gran prestixio internacional. Todos os solistas son expertos profesionais de altísimo nivel no seu campo e posúen unha dilatada experiencia na práctica instrumental orquestral e como solistas. A composición do grupo é flexible e o número dos intérpretes varía dependendo das obras do programa que se interprete.

Ramón Otero Moreira (Pontevedra, 1982), recibiu clases de Arlene Sierra, Anthony Powers, Eduardo Soutullo e David del Puerto. Graduouse en Salamanca en 2009 e obtivo o doutoramento no 2012 cun traballo sobre a dualidade en Debussy. Escribiu a música orixinal de El tragaluz (Escola Ecam de Madrid, 2009) e de Guardianes del Invernadero (mellor documental no Festival de Encinedo, 2015). Nos últimos anos compaxina a docencia de música e linguas coa composición e a organización de proxectos musicais interdisciplinares.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión