Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xaneiro de 2019

Conferencia «Comida, calor e movemento: descifrando a obesidade»

Será ofrecida pola investigadora Sulay Tovar, o mércores 30 de xaneiro ás 19.30 horas

Sulay Tovar é investigadora en endocrinoloxía e nutrición no CIMUS (Centro de Investigación de Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago de Compostela). 

A obesidade incrementouse de maneira considerable nos últimos anos e chega a ser unha epidemia a nivel mundial. Leva asociadas enfermidades como a diabetes tipo 2, problemas cardiovasculares, hipertensión e algún tipo de cancro. Sen dúbida o cambio no estilo de vida e o acceso a determinado tipo de comida contribuíron de maneira moi importante a este incremento.

A conferenciante explicará como o estudo dos factores que regulan o apetito, a saciedade e o gasto enerxético axudarán a entender as variacións biolóxicas existentes no control do apetito e do peso, e que contribuirán na procura de tratamentos efectivos fronte a ela.

Entrada libre ata completar a capacidade.

Organizado por CorBi Foundation, coa colaboración de Museos Científicos Coruñeses.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión