Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de outubro de 2018

O xoves 18 de outubro ás 18.30 horas

Conferencia «A busca da fonte da eterna xuventude»

Será ofrecida polo Dr. Manuel Collado, investigador do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).

Hoxe en día, tras décadas de intensa investigación de numerosos laboratorios arredor do mundo e tras seguir diversas pistas falsas, compréndese moito mellor a base do envellecemento e mesmo se podería estar a empezar a imaxinar posibles intervencións terapéuticas eficaces para atrasar ou mesmo reverter o envellecemento. O Dr. Collado fará un repaso ao coñecemento actual sobre as causas do envellecemento e que terapias están a ser propostas.

Manuel Collado é un investigador do SERGAS que traballa no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). No ano 2012 creou en Santiago de Compostela o laboratorio de «Células Nai en Cancro e Envellecemento», onde traballa con células nai para entender mellor o cancro e o envellecemento.

Entrada libre ata completar a capacidade.

Organizado por CorBi Foundation, coa colaboración de Museos Científicos Coruñeses

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión