Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xullo de 2019

Conferencia sobre a enfermidade de Parkinson

Será ofrecida por José Luis Labandeira, catedrático da USC, o mércores 3 de xullo ás 19.30 horas na Domus

As enfermidades neurodexenerativas, particularmente Alzheimer e Parkinson, constitúen unha auténtica epidemia silenciosa, que crece de forma exponencial na sociedade actual e crecerá, aínda en maior medida, no futuro próximo, en boa parte como consecuencia do envellecemento poboacional. No caso da enfermidade de Parkinson os avances no tratamento supuxeron unha enorme melloría na calidade de vida do/a paciente, en relación con hai apenas unhas décadas. Con todo, o gran reto de curar ou erradicar a aparición da enfermidade segue sen se resolver. As neuronas afectadas pola enfermidade seguen morrendo, aínda que vaiamos paliando cada vez mellor os trastornos que esa progresiva dexeneración neuronal nos ocasiona.

José Luis Labandeira, doutor en medicinao e especializado en enfermidades neurodexenerativas, falará sobre como a investigación actual trata de resolver preguntas como: que é a enfermidade de Parkinson? ou por que aparece?

Entrada libre ata completar a capacidade.

Organizado por CorBi Foundation, coa colaboración de Museos Científicos Coruñeses

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión