9 de maio de 2019
Esta convocatoria incorpora algunhas novidades, como a modalidade de proxectos singulares ou a de novos medios
O certame premiará cun Prisma de Bronce os mellores traballos en oito categorías, acadando a maior diversidade de formatos da súa traxectoria. Son as modalidades de Vídeo, Novos medios, Texto inédito, Libro editado, Artigo xornalístico, Radio, Proxectos singulares e Prisma especial do xurado. Ademais, todas as modalidades, excepto a de Libro editado e a de Prisma especial do xurado, están dotadas cun premio de 4.000 euros.
Nesta trixésima segunda edición preséntanse varias novidades. Unha delas é a nova modalidade de Proxectos singulares de divulgación científica, que deberán demostrar unha ampla e diversa participación cidadá e o seu carácter singular, atendendo á diversidade ou novidade dos medios empregados para a súa execución.
Ademais, a anterior modalidade de sitio web/rede social redefínese nunha categoría denominada Novos medios, que premiará o mellor traballo nun sitio web, rede social, blog ou calquera outro formato en liña.
O prazo de presentación de traballos e candidaturas finaliza o 30 de xuño para a modalidade de libros editados, e o 31 de xullo para as demais categorías.
Tamén che pode interesar
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible