14 de novembro de 2018
O Día Mundial da Diabetes creouse en 1991 como medio para aumentar a concienciación global sobre a diabetes. Con este motivo, ACODI realiza unha serie de actos na nosa cidade.
Con motivo do Día mundial da Diabetes, a Asociación Coruñesa de Persoas con Diabetes (ACODI) vén realizando desde o día 9 deste mes unha serie de actos dos que se pode consultar a información nos documentos que se achegan.
Esta noite iluminarase de cor azul a Torre de Hércules e tamén hoxe desde as 10:00 h haberá unha carpa informativa na praza de Lugo; pola tarde unha sesión de fotos con R2D2. Mañá haberá unha charla informativa ás 18:00 horas no local da AVV do Ventorrillo e o venres unha mesa informativa en El Corte Inglés.
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible