Concello da Coruña

Concello da Coruña

Editando o noso ADN coas ferramentas CRISPR: realidades e desafíos

Conferencia a cargo do Dr. Lluis Montoliu, investigador do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB-CSIC).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/05/2018

Xa rematou

Horario:

19.30 horas

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade

Páxina web:

http://corbifoundation.org/

Organiza:

Organizado por CorBi Foundation, coa colaboración de Museos Científicos Coruñeses

Nesta charla explicará que son e de onde veñen as ferramentas CRISPR e para que serven. Mediante exemplos sinxelos ilustrará as súas múltiples aplicacións en edición xenética, para alterar a vontade a secuencia do ADN de calquera organismo. Esta tecnoloxía revolucionaria está chamada a xerar solucións innovadoras en bioloxía, biotecnoloxía e biomedicina. Ademais dos beneficios e das utilidades Montoliu sinalará as limitacións e os desafíos aos que nos enfrontamos para trasladar, con seguridade, esta tecnoloxía ao mundo real.

O traballo que desenvolve o Dr. Montoliu intenta entender como están organizados os xenes no noso xenoma e investiga sobre enfermidades raras, como o albinismo, usando modelos animais editados xeneticamente mediante as ferramentas CRISPR. O seu laboratorio intenta contribuír ao diagnóstico xenético universal de todas as persoas con albinismo no noso país e ao desenvolvemento de novas estratexias terapéuticas que poidan aliviar ou resolver a severa discapacidade visual que afecta as persoas con albinismo.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión