4 de maio de 2019
Realízase no parque de Santa Margarida de 11.00 a 19.00 horas.
Esta feira da ciencia ten como protagonistas principais o alumnado e o profesorado de 47 centros educativos da Coruña, Betanzos, Culleredo, Arzúa, Ferrol, Ribadeo, Cambre, Carral, Laxe, Oleiros, Mugardos, Pastoriza, Miño e Lugo. Traen desde as súas aulas numerosas actividades e experiencias para convidar a cidadanía a descubrir, aprender e xogar coa ciencia.
O efecto dos plásticos sobre o medio ambiente, actividades de robótica, experiencias sobre o cambio climático, xogos matemáticos, o coñecemento do corpo humano con realidade virtual, xogos de escapismo, exposición dunha maqueta de vivenda sustentable e intelixente, ou un modelo de géyser son algunhas das propostas escolares para esta xornada.
Os Museos Científicos Coruñeses súmanse a este día con xornada de portas abertas na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. Ademais, o Planetario ofrecerá un maratón de sesións.
Tamén destaca a participación de numerosas entidades e institucións que presentarán actividades, como diferentes centros e departamentos da Universidade da Coruña, o Centro Oceanográfico da Coruña, ou o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.
Unha actividade finaciada pola FECYT, Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía
Actividades relacionadas
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible