16 de xuño de 2019
As actividades terán lugar o domingo 16 de xuño de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas (o acceso ao Aquarium pecha ás 18.00 horas)
O Aquarium Finisterrae acolle, o vindeiro domingo 16 de xuño, unha xornada de talleres científicos con experimentos e xogos relacionados co mar e cos seus habitantes.
Profesorado e alumnado da Universidade da Coruña (UDC) ofreceranlle ao público catro actividades en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas (o acceso ao Aquarium pecha ás 18.00 horas):
1. A vida do Rei Centolo. Para observar e coñecer o proceso de muda das centolas, o seu ciclo vital e algunhas curiosidades.
2. Nadando con Dori. Experimentos para saber como se producen as brisas, a que se deben as mareas ou como flotan os peixes na auga.
3. A rebelión das masas. Sobre os afloramentos de algas e nutrientes, e os blooms algais na saída das rías
4. Bob e os seus irmáns. Mostrará como son os esqueletos destes animais, as súas espículas, escleritos, esponxina.
Con esta iniciativa, a UDC quere celebrar o vixésimo aniversario do Aquarium Finisterrae expoñéndolle ao público como afecta o océano ás nosas vidas e sobre como a nosa cultura impacta sobre este medio.
A participación nesta actividade será libre e gratuíta para o público que visite o Aquarium, que realiza ese día xornada de portas abertas.
A actividade está organizada polo grupo UDCiencia (de divulgación e innovación docente) da UDC.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días de 10.00 a 19.00 horas.
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible