Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de marzo de 2019

O martes de Entroido os Museos Científicos Coruñeses son gratis

O próximo 5 de marzo, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae celebran unha xornada de portas abertas

Os Museos Científicos Coruñeses celebran unha xornada gratuíta con motivo da festividade local do martes de Entroido. Unha ocasión para que a cidadanía goce coas exposicións e actividades dos tres centros interactivos, así como para coñecer as súas novidades máis recentes.

No Aquarium Finisterrae está a nova exposición interactiva «Sexo azul», que presenta acuarios nos que poden verse especies que se caracterizan por executar complicadas danzas nupciais, intercambiar os roles feminino e masculino ou cambiar de sexo ata vinte veces ao día. Ademais hai módulos interactivos con xogos e pantalla táctiles, que tratan sobre as sustancias químicas, os sons e as danzas que os animais acuáticos utilizan para atraer as súas parellas, o vínculo entre o sexo e o mar na mitoloxía, ou as diferentes estratexias de apareamento.

Na Casa das Ciencias haberá catro sesións de Planetario: dous programas para público infantil, «A noite do vampiro» ás 12.00 horas e «Máis aló do Sol» ás 17.00 horas, e outras dúas recomendadas para público a partir de 10 anos, «Deep Sky» ás 13.00 horas e «A noite é necesaria» ás 18.00 horas.

A visita á Domus inclúe entre as súas propostas a exposición «Xogo de neuronas», con actividades que poñen en práctica as diferentes habilidades das persoas, como intentar reproducir nun teclado unha melodía, un debuxo seguindo as instrucións verbais que lles dá outra persoa, ou xogar cun aparello con pulsadores a diferentes alturas que se debe pulsar o máis rápido posible cando se acenden.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión