Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de marzo de 2018

O Planetario da Casa das Ciencias acollerá entre abril e decembro do 2018 un ciclo de espectáculos de música electrónica

A experiencia busca levar a audiencia a través dunha viaxe visual e sonora polo espazo, máis aló do noso planeta

Historicamente os planetarios foron espazos abertos á experimentación e ao encontro interdisciplinar de diferentes iniciativas culturais. Neste sentido, Vortex-The Seasons é unha aposta para achegar ao público a interesante comuñón entre a música electrónica de corte experimental e a visualización de imaxes proxectadas sobre a cúpula do Planetario. A experiencia busca levar a audiencia a través dunha viaxe visual e sonora polo espazo, máis aló do noso planeta.

O ciclo contará con catro sesións, a primeira das cales realizarase o 6 de abril, presentando unha variedade de artistas e creadores musicais e visuais que compoñen pezas para esta idea singular de viaxe espacial.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión