Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cando:

20 de decembro de 2019

O Planetario estrea un programa infantil neste Nadal

«El cielo de Cloe» incorpórase á programación desde o luns 23 de decembro, con pases ás 17.00 horas.

Cloe é unha profesora do planetario bastante especial, porque é capaz de cambiar de tamaño ou mesmo de estar en varios lugares á vez. Tamén é un pouco meiga, porque cando quere mostrarnos algo abóndalle con facer desaparecer o Planetario e levarnos a percorrer a cidade, acompañarnos a un bosque ou acompañarnos ao firmamento para coñecer persoalmente a algunhas das estrelas que o habitan.

El cielo de Cloe está recomendado para nenos e nenas de 4 a 6 anos, e ten unha duración de 35 minutos.

>> A programación do Planetario da Casa das Ciencias do 23 ao 31 de decembro será a seguinte:

  • 12:00 h A noite do vampiro (excepto o 28 de decembro)
  • 13:00 h Llévame a la Luna
  • 17:00 h El mundo de Cloe (excepto 24 e 31 de decembro)
  • 18:00 h Lévame á Lúa (excepto 24 e 31 de decembro)

>> A programación do Planetario da Casa das Ciencias do 2 ao 7 de xaneiro será a seguinte:

  • 12:00 h A noite do vampiro
  • 13:00 h Llévame a la Luna
  • 17:00 h El mundo de Cloe

O 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro, o Planetario está pechado.

El cielo de Cloe está producido polo Planetario de Madrid co patrocinio da Fundación La Caixa.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?