Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de setembro de 2019

Inicio do curso escolar cun amplo programa de actividades

Un vídeo en 360º permite dar a coñecer as exposicións e actividades desde todos os puntos de vista.

Os Museos Científicos Coruñeses poñen en marcha a campaña escolar enviándolles aos centros educativos un completo programa de actividades, exposicións e contidos audiovisuais. Para dar a coñecer estas novidades publicáronse nas redes sociais espectaculares imaxes en 360º que ademais permiten coñecer recunchos e perspectivas pouco coñecidas da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae.

Para este curso que acaba de empezar, as principais novidades da oferta escolar inclúen a exposición da Domus sobre nutrición Bocados; o programa de Planetario Lévame á Lúa, na Casa das Ciencias; ou a exposición sobre a reprodución das especies acuáticas, Sexo azul, no Aquarium Finisterrae.

Ademais, están programados numerosos talleres nas instalacións do Aquarium e no Laboratorio Aberto e a sala Maker da Domus, así como unha ampla oferta de sesións escolares no Planetario da Casa das Ciencias.

Páxina web:

http://www.coruna.gal/mc2/es/visitas-escolares

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión