21 de abril de 2018
En colaboración coa Concellería de Participación e Innovación Democrática, os Museos Científicos Coruñeses organizan unha Xornada de Ciencia Cidadá para promover o coñecemento da costa da nosa cidade.
Durante esta xornada, que se realizará o próximo 21 de abril ás 11:00 horas no Aquarium Finisterrae, varios/as profesionais ligados/as ao mar e á vida mariña falaranlles ás persoas participantes sobre fenómenos naturais e acontecementos que teñen lugar na costa coruñesa.
Antonio Vilar, biólogo da Casa dos Peixes, presentará aspectos curiosos da fauna mariña. Elia Pérez, ornitóloga da Sociedade Española de Ornitoloxía (SENO), falará sobre as aves mariñas que habitan nos ecosistemas costeiros coruñeses. E Marcos Alfeirán, patrón do barco de cerco «Sazón» falará sobre pesca e as características náuticas da costa da Coruña.
A xornada está pensada para persoas maiores de 14 anos que terán acceso gratuíto ao Aquarium Finisterrae, ata completar a capacidade (60 persoas).
Esta Xornada de Ciencia Cidadá forma parte das iniciativas do Concello da Coruña para a recuperación e o desenvolvemento dos terreos que conforman o bordo litoral.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible