Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de febreiro de 2019

Xornada internacional da muller e a nena na ciencia

O programa do día inclúe talleres científicos de 11.00 a 16.00 horas e unha conferencia ás 19.00 horas.

A Domus acolle o luns 11 de febreiro a Xornada internacional da muller e a nena na ciencia, na que se realizarán diversas actividades. O día comezará con talleres científicos, de 11.00 a 16.00 horas, orgzanizados pola Asociación UDCbigbang e o grupo NEUROcom.

Despois, ás 19.00 horas, terá lugar a conferencia «Cerebro, olfacto e emocións», que ofrecerá Laura López-Mascaraque, investigadora científica do CSIC e Premio Europeo de Divulgación 2018 da Fundación DANA.

Dos cinco sentidos, o olfacto é o máis descoñecido pero tamén o primeiro, o máis directo, o que máis recordos evoca e o que máis perdura na nosa memoria. É o camiño máis curto ás emocións, evocando recordos e tempos pasados; cheiros e aromas modulan o noso comportamento.

Laura López-Mascaraque falará do cerebro e do olfacto, un sentido químico que ten as únicas neuronas expostas ao exterior, co seu sistema de receptores ao que se dedica unha parte substancial do xenoma humano, cuns mecanismos de plasticidade e reconexión inigualables en ningunha rexión do sistema nervioso e que afecta as nosas vidas dunha maneira que apenas imaxinamos.

A entrada a estas actividades é libre, ata completar a capacidade.

Organizado pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC e NEUROcom, coa colaboración dos Museos Científicos Coruñeses.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión