Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xornada «UDCiencia 2018»

O grupo UDCiencia da Facultade de Ciencias e o Departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña presentan a súa xornada anual de actividades científicas.

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

01/12/2018

Xa rematou

Horario:

De 10.30 a 14.30 e de 16.30 a 19.00 horas

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

Entrada libre

O público asistente poderá participar nunha ducia de talleres, nos que profesorado e alumnado da universidade abordarán cuestións da nosa contorna máis cotiá:

  • Que ten un peixe no seu estómago?
  • A selva do mar. O mundo das algas e como se adaptan a distintos hábitats.
  • A herdanza xenética. Onde está o ADN, como se transmite a través das xeracións, e cales son as entidades físicas que levan a información xenética.
  • Microbioloxía cotiá. Sabes que os microorganismos nos rodean día a día, que nos alimentan e ata nos curan?
  • Camiñando sobre a auga. O comportamento peculiar da superficie dos líquidos. Como algúns insectos poden sosterse sobre a superficie da auga, e os surfactantes como perturbadores das superficies dos líquidos.
  • A raíña escondida. Aprenderemos a distinguir a avespa velutina da avespa común. Poderemos ver como é o seu ciclo de vida, os seus niños complexos e como este insecto supón un problema importante nalgúns concellos.
  • Xogando coa química. Como se forman os sólidos? Como se producen cambios de cores nunha solución química?
  • De que está feita a vida? Que son as biomoléculas? Onde se atopan? Cantas hai?
  • Comunicación a través da mirada. A importancia da comunicación aumentativa e alternativa. Como te podes comunicar a través dun taboleiro.
  • A linguaxe das bacterias. Como se comunican as bacterias? Por que adquiren resistencia aos antibióticos?
  • Quen vive no fondo do mar? Recoñecemento de diferentes especies mariñas e as súas adaptacións ao medio.
  • Enredando coas matemáticas. Diversos obxectos que permiten analizar as propiedades dalgunhas curvas, superficies ou outras figuras.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión