Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de marzo de 2018

A Domus organiza un xogo de escape para público familiar

«Misión secreta na Domus» realizase entre marzo e abril con nove sesións para público familiar e persoas entre 12 e 18 anos.

Neste xogo as persoas participantes terán que atopar pistas ocultas ou resolver situacións inesperadas para conseguir finalizar a misión secreta nun tempo límite. A misión é atopar e salvar unha información crucial oculta no almacén do museo antes de que a atope unha fábrica secreta de replicantes.

A actividade está dirixida a público familiar, con nenos e nenas a partir de 8 anos (sesións ás 17.00 h), que deben participar na compaña dunha persoa adulta.

Tamén haberá unha sesión para público novo, de 12 a 18 anos, ás 18.00 horas.

Para participar nas sesións familiares é necesario preinscribirse o venres 9 de marzo a partir das 10.00 da mañá a través dun formulario electrónico (en cada preinscrición poderán incluírse un máximo de 4 persoas).

A preinscrición do público novo poderá facerse tamén o 9 de marzo nestoutro formulario, cun máximo de 2 persoas por preinscrición.

A actividade é gratuíta. Deberase aboar só a entrada correspondente ao museo.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión