Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de xullo de 2019

A Domus presenta «Visións», unha exposición de fotografías do ollo humano

A mostra, producida polo Centro Cirúrxico de Coimbra, estará exposta ata o 12 de setembro

A exposición contén un conxunto de 30 imaxes que exemplifican un encontro entre arte e ciencia. Son fotos reais do interior do ollo humano, nas que se revelan non só aspectos médicos e oftalmolóxicos senón tamén físicos, matemáticos, ou de enxeñería das estruturas que están presentes en cada ollo humano.

As imaxes elixidas para esta mostra son de ollos que falan do que alberga ese interior escondido, do estilo de vida de cada persoa, do ADN que herdan ou das lesións que sufriron. Unha catarata conxénita, depósitos de calcio na lente intraocular, a neovascularización do iris como consecuencia da diabetes, a estrutura do iris ou a retina vista ao detalle empregando diversas técnicas ópticas son algunhas das imaxes que contén esta exposición.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Páxina web:

http://www.expovisoes.com/

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión