Concello da Coruña

Concello da Coruña

Laboratorio Aberto

«Laboratorio aberto» é o espazo de experimentación da Domus onde o científico es ti. Está pensado para alumnos de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos. Capacidade máxima de 25 persoas por obradoiro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Consulta a sección de Visitas escolares

Enderezo:

Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Taller PCR: Investigamos a escena do crime

Experimentando coa técnica da PCR (reacción en cadea da polimerasa), o alumnado poderá simular a elaboración de perfís de ADN tal e como se realizan habitualmente nos laboratorios forenses. Duración: 2 horas e media. Nivel educativo: 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.

Xperimenta coas flores

Cada estudante realizará a súa propia disección de flores con todo o equipo científico que se utiliza ao investigar a natureza. Duración: 1 hora. Nivel educativo: 3º a 6º de Primaria.

Bocados

Un obradoiro para descubrir a nutrición como nunca a viras. Exploraremos os cereais, faremos cociña molecular e aceptaremos o reto dun concurso moi saboroso. Duración: 1 hora e media. Nivel educativo: 5º de Primaria a 4º de ESO.

Como se desenvolven os fármacos?

Para participar na síntese dun novo fármaco que se está investigando para o Párkinson. Duración: 2 horas. Nivel educativo: Educación Secundaria (3º e 4º ESO), Bacharelato e Ciclos Formativos.

Diseccións en directo

Nivel educativo: Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos. Duración: 1 hora

Artistas da prehistoria

Un taller no que tomar o papel dun artista prehistórico e coñecer os materiais, técnicas e temas favoritos dos nosos antepasados. Duración: 1 hora e media. Nivel educativo: Educación Primaria (3º a 6º) e Educación Secundaria (1º e 2º).

ExploraDomus Escola

A cociña é un laboratorio de ciencia! Un obradoiro para explorar a ciencia máis próxima. Duración: 1 hora e media. Nivel educativo: Educación Primaria (1º e 2º).

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión