Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

28 de decembro de 2018

«Más allá del Sol», novo programa do planetario na Casa das Ciencias

Audiovisual pensado para público infantil, que se proxectará todos os días ás 17.00 horas

A protagonista do novo programa de planetario da Casa das Ciencias é Celeste, unha nena afeccionada á astronomía que recibe unha visita inesperada para viaxar máis aló do Sistema Solar. Durante o percorrido descobre que, do mesmo xeito que o Sol, hai moitas outras estrelas rodeadas tamén por planetas. Hainos grandes e pequenos, gaseosos e rochosos, secos ou cubertos completamente de auga. E algúns mesmo vagan solitarios polo universo.

Creado con técnicas de animación 3D e proxección de ceo estrelado, Más allá del Sol é unha aposta por levar os últimos descubrimentos da astronomía ao público infantil. A produción aproveita a capacidade dos modernos proxectores dixitais do planetario da Casa das Ciencias para mergullar as persoas espectadoras nunha historia inmersiva que transcorre en paisaxes astronómicas recreadas con minucioso detalle. A proxección dura 25 minutos, e haberá pases a diario ás 17.00 horas.

Cúpula inmersiva

Más allá del Sol é un audiovisual para proxección en cúpula inmersiva de planetario producido por Render Area, baixo a dirección de Javier Bollaín. O proxecto conta coa colaboración dos Museos Científicos Coruñeses, o Planetario de Pamplona, o Parque das Ciencias de Granada e a Fundación La Caixa.

Novidades

Noticias

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?