Concello da Coruña

Concello da Coruña

Non todas as graxas son iguais nin o seu papel na obesidade

A Dra. María Pardo Pérez ofrecerá a charla titulada "Non todas as graxas son iguais nin o seu papel na obesidade e as enfermidades asociadas"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/05/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

19.30 horas

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Organiza:

Organizado por CorBi Foundation, coa colaboración de Museos Científicos Coruñeses

A Dra. Pardo, investigadora do Sistema Nacional de Saúde Miguel Servet, e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), expoñerá que a obesidade constitúe na actualidade o maior problema sanitario a nivel mundial, adquirindo dimensións epidémicas ao afectar ao 13% da poboación adulta; estímase que a este ritmo podería alcanzar un 20% no 2025.

A obesidade é unha enfermidade que debe ser tratada como tal xa que está asociada a patoloxías cardiovasculares ou a diabetes tipo 2 entre outras, e a outras menos coñecidas como o desenvolvemento de varios tipos de cancro.

No Grupo Obesidómica do IDIS, céntrase a súa investigación no estudo dos sinais liberados pola graxa e como varían en función do tipo de depósito e no desenvolvemento da obesidade co fin de atopar novas dianas terapéuticas para esta enfermidade. Nesta charla expoñeranse os achados do grupo neste ámbito, e conceptos xerais de hábitos saudables como a alimentación e o exercicio para previr a obesidade.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión